Skip to Content

BIBLIOTELLEIRAS. FEBREIRO 2022. DÍA DE ROSALÍA.

Desde este ano 2022 o Día de Rosalía pásase a celebrar o 23 de febreiro, logo de que produce a investigadora Sagrario Abelleira revélase nova documentación que acredita a súa data real de nacemento.
O IES As Telleiras quixo brindar, neste día, a súa propia homenaxe á nosa máis destacada escritora en lingua galega, Rosalía de Castro, celebrando no centro unha serie de actividades que, desde o ENL, a Vicedirección e Biblioteca, animaron a participar ao alumnado da ESO e coa colaboración dos departamentos didácticos.

  • Exposición na Bibliotelleiras de exemplares das obras da autora que forman parte dos nosos fondos bibliográficos, entre poemas e recordos.

 

  • Actividade de deseño e adorno de “Pétalos para Rosalía”, na que participaron os alumnos e alumnas de 1º e 2º ESO cos seus proxectos desde o mes de xaneiro, coas que formaron flores para integrar na exposición que tivo lugar no vestíbulo do centro con outros traballos realizados polo alumnado sobre a figura da poeta con traballos de poemas, debuxos, caligramas...

 

  • Actividade nos tempos de lecer deste día na Aula de Música con lectura de textos de Rosalía a cargo de Mª  de los Ángeles Sánchez, Hugo Piñeiro, Lola López, Uxía López e Nayara Velázquez, co acompañamento musical a cargo do profesor e xefe do departamento de Música, Manuel Sieiro, ao piano, e das alumnas Aldara Morado (pandeireta), Xión Fernández (violín), Paula Calderón e Victoria Escalona (piano).
  • Gravación dunha lectura dun poema de Rosalía, extraído do seu poemario Follas Novas nas voces de seis alumnos e alumnas de 1º Bacharelato de Grego e coa colaboración especial dunha alumna de 2º Bacharelato que deu vida á nosa autora.


page | by Dr. Radut