Skip to Content

CHARLA PARA 1 ºBAC SOBRE LONDRES

 

Hoxe o alumnado de 1º BAC asistiu a unha charla organizada polo departamento de inglés en colaboración coa editorial Burlington Books, sobre a cultura inglesa en xeral e a cidade de Londres en particular, que van visitar próximamente coma viaxe de fin de curso. O ponente deu a oportunidade ao alumnado de participar activamente e fixo a experiencia moi didáctica e amena. Moitísimas grazas!

PARTICIPACIÓN NO CANGURO MATEMÁTICO

O pasado 22 de marzo alumnado de 1º e 2º da ESO participou no Canguro matemático, unha proba a nivel nacional onde cada participante ten que resolver distintas cuestións matemáticas de carácter lúdico e de dificultad creciente.

Está organizado pola Federación Española de Sociedades de Profesores de Matemáticas (FESPM) dentro ca convocatoria que a nivel internacional realiza a Asociación Kangarou Sans Fontiêres (AKSF).

Aínda estamos a esperar resultados pero estamos seguros de que estarán ao nivel de pasadas edicións, que foi altísimo!! Noraboa aos participantes!!

 

VISITA Á PLATAFORMA LOXÍSTICA DE NEGREIRA

 

O alumnado de 4º da ESO, das materias de Economía e Emprendimento, e de Formación e Orientación persoal e profesional, achegouse o pasado xoves a Negreira, onde visitaron a plataforma de loxística do Sergas, no marco do programa familia-empresa. Ademais de ver as instalacións, recibiron información sobre o desenvolvemento do negocio desde os seus inicios como unha pequena empresa familiar de madeira e muíños ata convertirse nunha das empresas máis innovadores de España. Hoxe surte de material a máis de 688 centros do Sergas, entre hospitais, consultorios e centros de saúde.

Foi unha visita interesantísima!!

BOLSAS DE ESTUDO DO MEC CURSO 2024-25

Ata o 10 de mayo de 2024 ás 15 h poden solicitarse bolsas de estudo para o curso 2024/25.    Lembramos que para solicitar as devanditas bolsas os trámites serán todos on-line.

    Poderán ser beneficiarios das distintas contías os/as alumnos/as que no ano académico 24/25 cursen: 

Bacharelato.

Ensino Universitario.

Cursos de acceso e de preparación para probas de acceso á Formación Profesional e cursos de formación específicos para acceso a ciclos formativos de grao medio e superior, impartidos en centros públicos e privados concertados.

Formación Profesional de grao medio e de grao superior.

Ensinanzas artísticas: profesionais e superiores.

Ensinanzas de idiomas en Escolas Oficiais, incluída a modalidade a distancia.

Ensinanzas deportivas.

Estudos relixiosos superiores.

Formación Profesional de Grao Básico.

Para máis información, pincha aquí.

 

ADMISIÓN DE ALUMNADO

Xa están publicadas no taboleiro as listaxes do alumnado que solicitou plaza no noso centro. TODOS OS SOLICITANTES FORON ADMITIDOS!

Desexamos veros no vindeiro curso connosco. Benvidos!!

PUNTO LARANXA CONTRA O ACOSO E CIBERACOSO ESCOLAR

O Punto Laranxa é unha medida impulsada desde a Xunta de Galicia co obxectivo de erradicar o acoso e o ciberacoso nos centros educativos, grazas á colaboración de alumnado, docentes, familiares e outras persoas próximas á comunidade educativa. O anonimato constitúe un refuxio seguro á hora de denunciar, facilitando así o logro dun cambio entre todos e todas.

Como funciona?

Se o estás a sufrir ou coñeces algún posible caso de acoso ou ciberacoso, escribe unha mensaxe de xeito ANÓNIMO, localiza o noso punto laranxa na entrada principal do instituto debaixo da escaleira á sá de profesores e deposita a túa mensaxe no buzón. Tamén podes achegar a túa mensaxe a través do Punto Laranxa virtual nesta páxina web.

HORARIO DE ATENCIÓN AO PÚBLICO

Os servizos administrativos deste centro permanecerán abertos durante estas vacacións de Semana Santa os días 25, 26 e 27 de marzo e mailo 1 de abril, de 10:00 a 12:00 horas. Grazas e perdoen as molestias. 

DIA INTERNACIONAL DA VISIBILIDADE TRANS

 

O día 31 de marzo celébrase o Día Internacional da Visibilidade Transgénero e no marco do programa Iguála-T, todo o alumnado de centro, agás 2º BAC, tivo a oportunidade de achegarse á figura do matemático e criptógrafo británico Alan Turing, un dos precursores da informática actual e o creador da máquina e do test de Turing. Durante a Segunda Guerra Mundial traballou para descifrar os códigos nazis empregados na máquina Enigma, tal e como queda plasmado na película “Descifrando Enigma” que viron na mañá de hoxe. Turing foi procesado por homosexual e suicidouse dous anos despois. 

 

   

DEFENSA PERSOAL NO IES AS TELLEIRAS

Onte o alumnado de 4º ESO do noso centro recibiu clases de defensa persoal a cargo da Escuela de Defensa Persoal e Policial HKF, no marco dos programas CP Inclúe-T e Iguala-T. Aparte de practicar como defenderse ante diferentes tipos de situacións, déronnos valiosos consellos: a mellor defensa comeza coa PREVENCIóN. Moitísimas grazas!! Unha tarde moi útil!!

PROXECTOS DE TECNOLOXÍA DE 1º DE ESO

Mostramos a continuación os proxectos do alumnado de 1º ESO que estivo traballando moi duramente no taller de Tecnoloxía coa axuda da súa profesora, Tamara Cercido. Fantástico resultado. Parabéns!!

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut