Skip to Content

-

RESULTADOS DA SELECCIÓN MOBILIDADE ERASMUS +

Mobilidade Individual a Longo Prazo – Alemaña 2023/24
 
 Unha vez finalizado o proceso de selección obtivemos os seguintes resultados: 

  1. – Suré Cristina Ortiz López (3º ESO)
  2. – Paula Conde Moyano (1º BACH)

 Lista de reserva:

  1. – Ana de Andrés Vázquez e Mara Gil Perille (2º ESO)

 
Profesorado participante na selección:
 
Elisa Álvarez Fernández (coordinadora ERASMUS+)
María Fernández da Costa
Xurxo Soto Fernández


Achégase unha relación da puntuación obtida. atallo

-

SELECCIÓN E ENTREVISTAS PERSOAIS ERASMUS +

Xa está feita a selección para a primeira mobilidade do Erasmus +; no documento adxunto poden verse as peroas admitidas e excluidas atallo

As entrevistas persoais realizaranse o mércores 19 de xullo de forma presencial ou telemática a partir das 11 da mañá, no horario indicado no documento anterior.

-

ACREDITACIÓN ERASMUS +. MOBILIDADES

(para máis información ir a Proxectos Eurpeos>Acreditación Erasmus + 23-27 ou as nosas redes sociais)

Empezamos a viaxe dun novo proxecto Erasmus + que nos foi concedido no mes de marzo. Todos os alumnos e alumnas interesados en participar e facer mobilidades por Europa deberán solictalo a través do adxunto que figura al final desta mesanxe.

Se hai máis solitudes que prazas, aplicaremos o baremo elaborado polo equipo de profesores/as Erasmus +. Para acceder ao baremo ver atallo

Iremos informando das mobilidades existentes

URXENTE: 1ª MOBILIDADE

Buscamos alumn@s matriculade@s na materia de alemán interesados en levar a cabo unha mobilidade individual dunhas 6 a 8 semanas cun instituto alemán.

Temos a dúas alumnas alemás que inician 1° Bach interesadas en vir entre setembro e outubro de 2023 ao noso centro, e buscamos dúas familias entre o noso alumnado dispostas a acollelas, a cambio irán os/as nosos/as ao seu centro a finais do curso, entre xuño e xullo 2024.

Os/as interesados/as deben encher este formulario, cubrilo, escanealo e entregalo antes do 15 de xullo enviándoo ao seguinte correo electrónico:

Formulario atallo

erasmuslagoas@gmail.com

Convocaremos os/as alumnos/as para unha entrevista persoais nos próximos días.

Datos mobilidade:

          MOBILIDADE DO ALUMNADO

          LINGUA: ALEMÁN

          CENTRO ALEMÁN: Kepler Gymnasium (Freudenstadt)

          PRAZAS DISPOÑIBLES: 2

Acollida do alumnado alemán: setembro-outubro 2023

Mobilidade no centro alemán: xuño-xullo 2024

 

Olimpiada

OLIMPÍADA NACIONAL DE MATEMÁTICAS

Pablo Freire volveu facelo. Foi un dos catro gañadores da Olimpíada Matemática Nacional celebrada en Tenerife esta fin de semana. Parabéns Pablo! É un orgullo para nós ter alumnos coma ti.

Outra boa nova para rematar este curso tan intenso.

 

Enlace prensa: 

https://www.laregion.es/articulo/ourense/estudiante-ourensano-olimpo-mates/202307042224461231463.html

 

 

mellores expedientes

PREMIOS AOS MELLORES EXPEDIENTES

O xoves 22 o noso alumnado de 2º BAC recolleu en Santiago a mención aos mellores expedientes nas ABAU de xuño. 15 alumnos e alumnas tiveron unha media de máis de 9.

Parabéns! Estamos moi orgullosos do noso alumnado, traballador, repectuoso e comprometido co centro! E  por riba uns estupendos e estupendas estudantes!

 

 

-

ACCESO AOS DOCUMENTOS DE MATRICULACIÓN 23-24

Para acceder aos documentos de matriculación deben ir ao apartado SECRETARÍA que está a esquerda da páxina principal e logo a MATRICULACIÓN.

Non esquezan pagar tamén o seguro escolar (1,12 euros) a partir de 3º ESO.

Secretaría>Matriculación> Adxuntos (elexir curso e encher os documentos)

-

BANCO LIBROS ANPA

Instrucións para solicitar e doar libros ó banco da ANPA

atallo

-

              

Olimpíada Matemática de 2º da ESO edición 2023

Na Olimpiada Matemática Galega celebrada onte, 25 de maio, o noso alumno Pablo Freire Fernández consigiu o segundo posto. Parabéns Pablo!!! E parabéns ao profesorado que os apoia e axuda.

 

 

-

BOLSAS DE AXUDA PARA LIBROS E MATERIAL ESCOLAR

Está aberto o prazo (20 de maio ao 21 de xuño) para solicitar axudas para a compra de libros e material escolar, tal e como recolle o DOG do 10 de maio de 2023.

Como novidade increméntase o importe do vale escolar de 50 a 75 euros para as familias con ingresos < 6.000 €  e crease un novo de 60 euros para as rendas entre 6.000 € y 10.000 € .

Nesta mesma web, o apartado “Bolsas” verán  o resumo de procedementos e prazos e no DOG con máis detalle. DOG

-

PRESENTACIÓN DOS PROXECTOS STEMBACH

Unha nova promoción presentou onte, 24 de abril,  ante o tribunal, formado polo profesorado da Universidade de Vigo e do propio IES As Lagoas, o resultado do seu traballo.

Os proxectos estarán proximamente dispoñibles na web.

- Construción e proba dun xerador eólico.
- Estudo do comportamento climático dunha vivenda pasiva.
- Análise da degradación das madeiras
 tratadas ao exterior.
- Estudo comparativo de bioconstrucións.

Fotos do acto atallo

Distribuir contido


by Dr. Radut