Skip to Content

-

PREMATRÍCULA 2023-2024.

Para o alumnado que está matriculado este curso.

 

Co fin de planificar e coñecer as materias que elixirá o noso alumnado o curso que ven, realizaremos este ano a prematrícula de forma dixital. Nos arquivos adxuntos estás os formularios para os distintos cursos (os itinerarios e as optativas están tamén na web).

Hai que descargar o formulario, cubrilo dixitalmente e reenvialo ao correo do centro (ies.aslagoas@edu.xunta.gal) co asunto: PREMATRÍCULA, nome do alumno/a e curso e grupo actual.

É imprescindible poñer o asunto tal e como se indica para que non se despiste o formulario.

Gracias

1º ESO atallo

2º ESO atallo

3º ESO atallo

4º ESO atallo

-

BECAS 2022-2023

O Boletín Oficial do Estado publicou o venres 17 de marzo a convocatoria xeral de becas para o curso 2023/2024, para estudiantes que cursen estudos postobligatorios universitarios e non universitarios, que terá como prazo de presentación de solicitudes do 27 de marzo al 17 de maio de 2023, ambos inclusive.

Prazo de solicitude das becas MEC 2023/2024:

do 27 de marzo ao 17 de maio  24:00 horas, ambos incluidos.

 

No seguinte enlace poderás ver os prazos e o procedemento

Atallo: Portal de becas do MEC

-

ITINERARIOS E OPTATIVAS. Curso 2023-2024

No seguinte atallo atópanse os itinerarios e optativas para o curso que ven.

O alumnado matriculado actualmente no IES recibirá nuns días o formulario de prematrícula que terá que remitir ao centro nas datas indicadas.

 

atallo: itinerarios e optativas 23-24

-

Olimpiada Nacional de Matemáticas

A nosa alumna Raquel Freire Fernández obtivo na Olimpiada Nacional de Matemáticas, celebrada estes días en León, a medalla de bronce, un bronce que nós consideramos ouro.

Parabéns Raquel!!! Estamos orgullosos dos teus logros.

-

VISITA A LUGO ( 3/03/2023)

O alumnado do STEMBach visita en Lugo o Impulso Verde, un edificio municipal refrente no mundo da construccoón, bioclimatización e eficiencia enerxética.

Nova do Concello de Lugo

 

-

LISTADO DE ADMISIÓN

A partir de hoxe está exposto no taboleiro de secretaría o listado do alumnado admitido. Lembrámoslles que non se poden fotografiar nin reproducir eses datos.

-

ERASMUS +

NOTA INFORMATIVA

O centro ven de acadar a acreditación para participar no programa europeo Erasmus + para os cursos 2023-2027

As mensaxes a través do grupo de WhatsApp dos delegad@s de grupos destes días tiñan a función de levar a cabo unha sondaxe do posible interese do alumnado en participar en mobilidades individuais.

Estamos á espera da avaliación definitiva do noso proxecto Erasmus+ pola SEPIE de Madrid. Dependendo dos resultados que obteñamos, xa decidiremos como levar a cabo estas mobilidades.

Moitas gracias

-

MÓDULO BIOCLIMÁTICO

O xoves, 2 de febreiro, presentamos con moito orgullo o primeiro resultado do STEMBach: o módulo bioclimático.

PARABÉNS AO PROFESORADO E ALUMANDO DO PROXECTO!!!

Ao acto acudiron representantes da administración educativa e de institucións da cidade. Podedes ver a repercusión que tivo na prensa nos seguinte enlaces.

Consellería de Educación

La Voz de Galicia

Faro de Vigo

 

 

-

OLIMPIADA GALEGA DE MATEMÁTICAS

 

Raquel Freire Fernández

1º premio da LIX Olimpiada Matemática Galega

Parabéns Raquel! Un orgullo para a nosa comunidade

 

.

Héctor Carballude González

Mención de honra na Olimpiada Matemática Galega 2023

Parabéns Héctor! Un orgullo para a nosa comunidade

Distribuir contido


by Dr. Radut