Skip to Content

-

Graduación 2º BAC. Promoción 2016-2022

O venres 10 despedimos, con orgullo e ledicia, unha nova promoción de estudantes. Parabéns a todas e todos e moita sorte na nova vosa etapa.

-

Segunda promoción do STEMBach

O mércores 18 a nova promoción de alumnos e alumnas que cursaron os dous cursos do STEMBach presentaron os seus proxectos ante un tribunal formado por profesores da Universidade de Vigo e do propio centro. E o fixeron de 10. Parabéns!

Faro de Vigo: https://www.farodevigo.es/ourense/2022/05/19/bachillerato-alumnos-excelentes-66257306.html

 

Proxectos do alumnado 2020-2022   atallo

 

 

_

BOLSAS PARA ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO  2022/23

Presentación de solicitudes: Do 19 de maio ao 30 de setembro de 2022

Atallo

 

_

AXUDAS PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS  2022 

Listaxes de adxudicación provisional de alumnado selecionado e suplente atallo

MATRICULA

Matrícula

 

Opcións de matrícula 2024/25  

 

O alumnado dos centros adscritos que realizara a reserva e o alumnado que obtivera praza no proceso de admisión, realizará a matrícula aténdose ao seguinte calendario:

Do 23 de xuño ó 7 de xullo, ambos incluídos

A documentación entregarase presencialmente na secretaría do Ies e o ingreso haberá que facelo na seguinte conta bancaria

 ES70 0049 6143 8320 1004 1516

 

Procedemento de matrícula

A matrícula farase presencialmente na secretaría do Ies en horario de 09:00 a 13:00 h.

Documentación para a matrícula:

     A. DOCUMENTACIÓN XERAL

▪ FORMALIZACIÓN MATRÍCULA ESO ou BACHARELATO

       ▪ AUTORIZACIÓN ou DENEGACIÓN PARA O USO DA IMAXE (Autorización tratamento da imaxe. Asinada polo alumno ou alumna no caso de ter cumpridos 14 anos, ou polos proxenitores no caso contrario).

       A.1. ALUMNADO DE NOVO INGRESO:

  • 2 fotos actualizadas tipo carné co nome e apelidos no reverso.
  • Fotocopia do DNI, NIE ...
  • Fotocopia de todas as páxinas do libro de familia onde figuren anotacións.
  • No caso de non coincidir a situación familiar coa reflectida no libro de familia, achegarase documentación acreditativa das modificacións (sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou o convenio regulador ...). No caso de separación ou divorcio o proxenitor custodio informará á dirección do centro de cuestións relevantes como: a privación da patria potestade do proxenitor non custodio, prohibición de comunicación co/a fillo/a, limitacións na recollida no centro escolar.
  • Certificación académica expedida polo centro de procedencia, co fin de xustificar ter superado o nivel anterior ao que se matricula.
  • Fotocopia da tarxeta sanitaria.

       A.2. ALUMNADO DO CENTRO

  • 1 foto actualizada tipo carné co nome e apelidos no reverso
  • Fotocopia do DNI, NIE .
  • No caso de cambios na situación familiar, documentación relacionada no apartado A.1.4.

 

> Taxas que se aboarán nos números de conta indicados nos formularios.

- Seguro escolar (1,12 €) Obrigatorio para todo o alumnado agás os que se matriculen en 1º ou 2º de ESO.

- Cuota anual da ANPA (Asociación de Nais e Pais de alumnos) (15,00€) Cuota voluntaria

- Taquilla: (15,00 €) voluntario

   B. DOCUMENTACIÓN ESPECÍFICA

      B.1. SEGURO ESCOLAR  Só para 3º, 4º da ESO e 1º e 2º de Bacharelato.

      B.2. ALUGUER de TAQUILLA. Unicamente alumnado da ESO (Se procede)

      B.3. SECCIÓN BILINGÜE (Se procede)

      B.4. SOLICITUDE EXENCIÓN DA MATERIA DE LINGUA GALEGA (Se procede) 

      B.5. VALIDACIÓN, EXENCIÓN DE MATERIAS (Se procede) 

      B.6. INSCRICIÓN PROGRAMA ALERTA ESCOLAR (Se procede) 

      B.7. ANPA

      B.8. SÓ PARA ALUMNADO DE BACHARELATO

AUTORIZACIÓN SAÍDA DO CENTRO

CAMBIOS MODALIDADE.   REALIZACIÓN do BACHARELATO EN TRES ANOS,  ... 

 

 

 

 

 

  

-

Olimpíada Nacional de Alemán no  Goethe  Institut de Madrid.

O noso alumno Carlos  L. González Ávila de 4°ESO A participou hoxe, 27 de abril, na Olimpíada Nacional de Alemán no  Goethe Institut de Madrid e foi o gañador na competición do nivel A2.

O premio é representar a España na Olimpíada Internacional de Alemán que terá lugar en Hamburgo entre os días 25 de xullo e  5 de agosto.

Parabéns e moita sorte en Hamburgo Carlos!

-

VISITA DOS GRUPOS ERASMUS + Alemán: ITALIA, CROACIA, HUNGRÍA E POLONIA

 

_

    atallo

Distribuir contido


by Dr. Radut