Skip to Content

-

ACREDITACIÓN ERASMUS +. MOBILIDADES

(para máis información ir a Proxectos Eurpeos>Acreditación Erasmus + 23-27 ou as nosas redes sociais)

Empezamos a viaxe dun novo proxecto Erasmus + que nos foi concedido no mes de marzo. Todos os alumnos e alumnas interesados en participar e facer mobilidades por Europa deberán solictalo a través do adxunto que figura al final desta mesanxe.

Se hai máis solitudes que prazas, aplicaremos o baremo elaborado polo equipo de profesores/as Erasmus +. Para acceder ao baremo ver atallo

Iremos informando das mobilidades existentes

URXENTE: 1ª MOBILIDADE

Buscamos alumn@s matriculade@s na materia de alemán interesados en levar a cabo unha mobilidade individual dunhas 6 a 8 semanas cun instituto alemán.

Temos a dúas alumnas alemás que inician 1° Bach interesadas en vir entre setembro e outubro de 2023 ao noso centro, e buscamos dúas familias entre o noso alumnado dispostas a acollelas, a cambio irán os/as nosos/as ao seu centro a finais do curso, entre xuño e xullo 2024.

Os/as interesados/as deben encher este formulario, cubrilo, escanealo e entregalo antes do 15 de xullo enviándoo ao seguinte correo electrónico:

Formulario atallo

erasmuslagoas@gmail.com

Convocaremos os/as alumnos/as para unha entrevista persoais nos próximos días.

Datos mobilidade:

          MOBILIDADE DO ALUMNADO

          LINGUA: ALEMÁN

          CENTRO ALEMÁN: Kepler Gymnasium (Freudenstadt)

          PRAZAS DISPOÑIBLES: 2

Acollida do alumnado alemán: setembro-outubro 2023

Mobilidade no centro alemán: xuño-xullo 2024

 



page | by Dr. Radut