Skip to Content

Matrícula

Calendario fin de curso 2º Bacharelato. Curso 2022/23. Convocatoria ordinaria. Reclamacións

16 de maio 2023: Xunta avaliación ordinaria e publicación das cualificacións a partir das 16:00.

18 e 19 de maio (ata as 14:00 horas): Revisión e reclamación cualificacións/decisión titulación convocatoria ordinaria

Reclamacións das cualificacións:

Instrución 2/2023 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa pola que se precisan aspectos da Orde do 2 de marzo de 2021 pola que se regula o dereito do alumnado á obxectividade na avaliación e se establece o procedemento de reclamación das cualificacións obtidas e das decisións de promoción e obtención do título académico que corresponda, en Educación Infantil, Educación Primaria, Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, para o curso 2022/23.

22 de maio (ata as 14:00 horas): Xefatura de estudos comunica por escrito a decisión razoada do departamento didáctico de ratificación ou modificación da cualificación revisada e información por escrito á persoa titora.

23 e 24 de maio (ata as 14:00 horas): Reclamación ante Xefatura Territorial.

Matrícula ABAU 2023

Acceso a aplicación NERTA (https://www.edu.xunta.es/nerta).

Permite realizar os trámites relacionados coa proba ABAU. Premer no enlace para acceder ás instrucións de uso da aplicación.

Instrucións NERTA alumnado 2023

 

 1º Solicitar título Bacharelato

Taxas expedición de título. 

Enlace para o pago telemático:

http://www.atriga.gal/es/tributos-da-comunidade-autonoma/taxas-e-prezos/confeccion-on-line-impresos

  • Premer en Modelo A1: Autoliquidación de taxas
  • Iniciar taxa
  • Premer en candado aberto, primeira opción
  • É posible realizar o pago online ou descargar o modelo para o pago presencial

- Fotocopia DNI
- Fotocopia Título familia numerosa, de ser o caso

2º Matrícula ABAU

- Xustificante de ter solicitado o título
- Fotocopia DNI

O pago das taxas pode efectuarse:

  • A través da aplicación NERTA (non precisa xustificante)

Instrucións pago taxas ABAU NERTA 2023

  • A través dunha entidade bancaria co formulario de autoliquidación (tamén xerado en NERTA) entregando o xustificante de pago na secretaría do centro. 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut