Skip to Content

25N-Día internacional da eliminación da violencia contra as mulleres

MESA LOCAL PARA A PREVENCIÓN E LOITA CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA

As mesas locais nacen co obxectivo de canalizar os esforzos e recursos das diferentes institucións de cara á prevención e loita contra a violencia machista. Están presentes en moitos concellos galegos, e isto, xunto coa súa natureza de carácter interinstitucional, facilita o desenvolvemento de dinámicas cooperativas e o establecemento de redes de colaboración entre as diferentes institucións e colectivos sociais que interveñen no territorio. O Aquis Querquernis, como institución comprometida coa loita contra a violencia machista participa na MCL de Bande, constituída o pasado mes de outubro de 2023 na Casa do Concello.

Preme aquí para ver fotos e vídeos do acto.

                                        



page | by Dr. Radut