Skip to Content

ABAU

ABAU 2024

Imos a facer un recopilatorio de toda a información que obtemos para as probas da ABAU deste ano 2024.

  • Presentación a ABAU 2024: Premendo no seguinte enlace podes ver un resumo de todo o relacionado coa ABAU: método para obter a miña nota media, nota de corte de cada grado (significado), calendario, matrícula, documentación, horarios, normas, etc. Agradecemos esta documentacion a Mónica Diz Besada e a súa web https://monicadizorienta.blogspot.com na que podes atopar moita máis información de interese. 
  • Prazos e documentación para a matrícula: A xunta xa publicou o documento (preme neste enlace para velo integramente) no que resumen as instruccións (para o alumnado) dos exames de ABAU que se celebrarán os dias 4, 5 e 6 de Xuño.
  • Lugares de celebración: A ciuga xa presentou o documento coa relación entre as comisións delegadas (lugares de celebración das probas) e os centros asignados a cada unha delas. Se te interesa podes consultar o documento íntegro premendo aquí. No mesmo xa podes ver que o lugar asignado o noso instituto será a Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo (Campus Universitario de Ourense).
  • Presentación graos universitarios 2024: Novamente grazas a Mónica Diz Besada temos o noso alcance un documento cun resumo de todo o importante deste proceso de acceso a universidade e funcionamento da mesma: organización das materias dos distintos grados (tipos de materias, etc), criterios de acceso á universidade , notas medias de corte de cada grado, etc. Podes ver o documento premendo neste enlace.
  • Preparación das probas: O xornal "la voz de Galicia" publicou un artigo que pode ser do voso interese, pois presenta 50 videos curtos, con consellos para preparar as diferentes asignaturas da Abau. Podes atopar o artigo neste enlace

Documentación ABAU

No seguinte enlace tedes información da CiUGA de interese:
ponderacións das distintas carreiras ofertadas en Galicia, etc.

Horario ABAU 2024
Distribuir contido


by Dr. Radut