Skip to Content

Taboleiro

Campamentos de verán

Aberto o prazo de solicitude para os campamentos de verán. Preme aquí para máis información

LISTADO ADMITIDOS 2024/2025

Xa podes consultar o listado de admitidos no centro para o vindero curso 2024/25 a través da aplicación e no taboleiro de anuncios do centro. 

Acreditación das competencias dixitais do alumnado

Resolución do 28 de febreiro de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para a acreditación das competencias dixitais do alumnado que cursa ensinanzas de educación secundaria obrigatoria e bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia no curso 2023/24.

Competencia dixital do alumnado

O Marco Galego de Competencias Dixitais establece 5 grandes áreas de dominio e 21 competencias

  1. Información e datos
  2. Comunicación e colaboración
  3. Creación e contido dixital
  4. Seguridade e privacidade
  5. Contorna dixital e solución de problemas

Certificación ComDix

  • Certificación do nivel que ten unha persoa para utilizar as tecnoloxías dixitais.
  • A partir de que idade se obtén? A partir dos 16 anos.
  • Como se obtén? Validación, proba.
  • Caducidade. 5 anos. No prazo de 6 meses, novas probas de certificación.

Niveis de aptitude:

  • Iniciación. Alumnado que obteña o título da ESO
  • Intermedio. 
    • Alumnado matriculado 4º ESO + Proba específica que acredita competencias dixitais de nivel intermedio.
    • Alumnado que obteña o título de Bacharelato. Acredita áreas de dominio 1, 2, 3 e 5 co nivel intermedio
    • Alumnado matriculado en 2º Bacharelato + Proba específica que acredita a área de dominio 4 de competencias dixitais de nivel intermedio

Solicitude e inscrición nas probas específicas

Data e lugar de realización das probas

  • Proba específica que acredita competencias dixtais de nivel intermedio
    • Maio.
    • Duración máxima: 90 minutos
    • 60 preguntas (12 por cada área de dominio)
    • Para superar a proba é preciso responder correctamente ao 70% das preguntas. Mínimo 60% respostas correctas en cada área.
  • Proba específica que acredita área de dominio 4 de nivel intermedio
    • Abril.
    • Duración máxima: 20 minutos
    • 12 preguntas
    • Para superar a proba é preciso responder correctamente ao 60% das preguntas.

Desenvolveranse no centro educativo na data e hora establecidas segundo dispoñibilidade.

CONVOCATORIA AXUDASLE

Desde o servizo de Innovación e Programas Educativos comunicamos a todos os centros docentes sostidos con fondos públicos con ensinanzas en Bacharelato, que hoxe día 12 de febreiro foi publicada a convocatoria AXUDASLE 2024

Prazo de solicitudes aberto dende o 13 de FEBREIRO ata o 12 de MARZO (incluído)

http://www.edu.xunta.gal/axudasle

SOLICITUDE DE KITS EDUCA EN DIXITAL

O programa "Educa en Dixital" atende as necesidades do alumnado sen recursos e en situación de vulnerabilidade, e que debido ás esixencias propias do curso no que se atopa escolarizado, precise dispoñer no seu domicilio dun equipo informático.

A asignación dos kits realizarase en base a estes aspectos, polo que pedimos a aquelas familias que non cumpran estes requisitos, que se absteñan de solicitalos.

As familias do alumnado que si se atope nestas situacións, deberán entregar na Secretaría do centro, debidamente cuberto, o impreso que se achega (é autoeditable, polo que se pode encher directamente no ordenador, móbil ou tableta). Prema aquí para a súa descarga.

 

DÍAS NON LECTIVOS DE LIBRE DISPOSICIÓN

O día 13 de outubro non será lectivo, conforme ao acordado polo Claustro e Consello Escolar deste centro educativo.

Distribuir contido


by Dr. Radut