Skip to Content

Calendario fin de curso 2º Bacharelato. Curso 2022/23. Convocatoria ordinaria. Reclamacións

16 de maio 2023: Xunta avaliación ordinaria e publicación das cualificacións a partir das 16:00.

18 e 19 de maio (ata as 14:00 horas): Revisión e reclamación cualificacións/decisión titulación convocatoria ordinaria

Reclamacións das cualificacións:

Instrución 2/2023 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa pola que se precisan aspectos da Orde do 2 de marzo de 2021 pola que se regula o dereito do alumnado á obxectividade na avaliación e se establece o procedemento de reclamación das cualificacións obtidas e das decisións de promoción e obtención do título académico que corresponda, en Educación Infantil, Educación Primaria, Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, para o curso 2022/23.

22 de maio (ata as 14:00 horas): Xefatura de estudos comunica por escrito a decisión razoada do departamento didáctico de ratificación ou modificación da cualificación revisada e información por escrito á persoa titora.

23 e 24 de maio (ata as 14:00 horas): Reclamación ante Xefatura Territorial.



page | by Dr. Radut