Aleta Laranxa Martes 17 de xaneiro

Por mor da Alerta Laranxa, non haberá transporte escolar (Consellería Educación) na tarde do MARTES 17 de XANEIRO.

(Si que hai para volver a casa agora ás 14:25)

 

Aclaracións:

Mantense a actividade lectiva, é dicir, hai clase en horario normal de 17:05 a 18:45.

 

Suspéndese a actividade do Club de Ciencia que estaba prevista para este mediodía no centro.

 

Suipéndese o ensaio do grupo de teatro que estaba previsto para este mediodía no centro.

 

Suspéndese a reunión informativa para pais e nais sobre a viaxe a Florencia que estaba prevista para hoxe ás 19 horas.

 

Saúdos

Carlos Encisa

Director do IES Antonio Fraguas

Prezos finais e prazos de pago das viaxes

Preme sobre a imaxe para acceder á información dos prezos finais, prazos e números de conta para o ingreso das viaxes de Andorra e de Florencia.

 ATENCIÓN: o número de conta da viaxe de Florencia non é o mesmo que se utilizou para o primero pago (a partir de agora para a viaxe a Florencia os pagos realízanse na conta da axencia de viaxes, o número de conta para Andorra si que é o mesmo que o do primeiro pago).

Resultados da Renovación Parcial do Consello Escolar

Unha vez realizadas as votacións de pais e nais, así como de alumnado, infórmase do resultado para estes colectivos:

Nova incorporación representantes de pais e nais:

Natalia San José Ovejero

Novas incorporacións representantes do alumnado:

Agustín Landín Fritz e Nerea Mata Martínez

 

As actas cos resultados das votacións e os votos obtidos por cada candidatura están expostos no taboleiro do centro.

Renovación do Consello Escolar 2022

 Este ano novamente temos que renovar parcialmente o Consello Escolar e escoller 2 representantes de alumnado, 1 de pais e nais, e 3 representantes do profesorado.

 

PUBLICACIÓN dos LIBROS de TEXTO (1ºESO, 3ºESO, 1ºBACH)

Publicación dos listados de libros de texto para 1º ESO, 3º ESO e 1º Bach

Preme aquí para acceder á páxina dos libros de texto

Reunións entre titores/as e pais e nais do alumnado

 

As reunións de inicio deste curso 2022-23 entre pais, nais e titores/as, este ano van ser telemáticas (por internet).

Para conectarse dende un ordenador non se necesita instalación previa de ningún programa. Dende un móbil haberá que ter instalada a app Jitsi Meet (gratuita).

 

Basta premer no enlace correspondente ao grupo do/a seu/súa fillo/a no momento da reunión, no seguinte enlace:

APLÁZASE A RENIÓN DO GRUPO 1ºESO B POR BAIXA DA TITORA

AVISARASE CON TEMPO DA NOVA DATA

prema aquí para buscar o grupo e conectarse

 

HORARIOS DAS REUNIÓNS

 

1º e 2º ESO: Mércores 14 de setembro de 18:00 A 19:00

3º e 4º ESO: Mércores 14 de setembro de 19:00 A 20:00

1º e 2º bach: Mércores 14 de setembro de 20:00 A 21:00

 

Nota: non é necesario ter cámara web nen micro, basta con altofalantes para escoitar ao/á titor/a. Para intervir, no caso de non ter micro, pódese escribir texto.

Información primeiros días

Preme na imaxe para acceder ao vídeo informativo correspondente:

 

(actualizado o enlace do vídeo "Libros de Texto", que daba problemas de visualización)

 

Penúltimas tendencias: poemas ilustrados

Realizado polo alumnado de 3º ESO

Prazos reclamación

LIBROS DE TEXTO

Planos do centro

Calendario Escolar

Aula Virtual

 

Orientación

Modificación das NOF

Contacto

Plan Dixital

Club de Ciencia

Igualdade

TEATRO

ANPA

Biblioteca

Semana Cultural

Problemas Acceso

Departamentos