You are hereCómo acceder á Aula Virtual?

Cómo acceder á Aula Virtual?


By encisa - Posted on 18 Marzo 2020

 

Nos seguintes enlaces tes dous vídeos onde se explica como entrar na aula virtual:

 

Se eres alumno/a e non entraches nunca preme a continuación:

 

Entrar na aula virtual por primeira vez

 

Se xa entraches algunha vez e só necesitas lembrar o procedemento:

 

Entrar na aula virtual

 

Se o que te pasa é que sabes entrar pero non lembras o usuario ou o contrasinal (ou ambos), envía un email indicando o teu nome completo e curso a:

 

aula.virtual.fraguas@gmail.com

 

 

 

Se cos video non che queda claro tes as seguinte preguntas frecuentes

Preguntas frecuentes:

 

¿Como fago para entrar?

O máis fácil e ir á páxina do instituto e premer no enlace que hai na parte superior esquerda.

Unha vez na aula virtual na parte superior dereita premer en “acceso” e introducir o teu usuario e contrasinal.

 

¿Cal é o meu usuario?

O usuario creado para todos os alumnos segue o seguinte formato:

tres primeiras letras do nome + tres primeiras letras do primeiro apelido + tres primeiras letras do segundo apelido

todo en minúsculas e sen tildes.

Por exemplo se o teu nome e María Pérez Ramudo o teu usuario sería: marperram

 

¿Que pasa si nunca entrei ou se non recordo o meu contrasinal?

Neste caso envía un correo ao enderezo

aula.virtual.fraguas@gmail.com

indicando o teu nome completo e o curso no que estas, describindo o problema que tes da maneira o máis clara posible.

 

¿Como me automatriculo nun curso?

 

Para facer a automatrícula nun curso, o primeiro e buscar o curso. Os cursos está organizados por departamentos e dentro de cada departamento divídense en Bacharelato e ESO. Unha vez localizado pulsa no curso e cubre a “chave de automatrícula” que tivo que proporcionarche o teu profesor. Con iso xa estás matriculado no curso.

 

A seguinte vez que entres na aula virtual o curso xa aparecerá na pantalla de inicio dentro de “Os meus cursos”

 

 

E se aínda así non che queda claro envía a tua dúbida a

aula.virtual.fraguas@gmail.com

Prazos reclamación

LIBROS DE TEXTO

ACCESO ás PROGRAMACIÓNS

Aula Virtual

 

Planos do centro

Calendario Escolar

Orientación

Modificación das NOF

Contacto

Plan Dixital

Club de Ciencia

Igualdade

TEATRO

ANPA

Biblioteca

Semana Cultural

Problemas Acceso

Departamentos