You are hereAgustin Fernández Paz, Premio Nacional de Literatura infantil e Xuvenil 2008

Agustin Fernández Paz, Premio Nacional de Literatura infantil e Xuvenil 2008


By Anónimo - Posted on 26 Outubro 2008


Perito Industrial Mecánico, Mestre de Ensino Primario e Licenciado en Ciencias da Educación, traballou como profesor de EXB en diferentes centros e actualmente exerce de profesor de Lingua e Literatura Galega no IES Os Rosais 2, de Vigo.
Entre 1988 e 1990 foi membro do Gabinete de Estudios para a Reforma Educativa, da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, formando parte do equipo de Lingua que preparou os Deseños Curriculares para as etapas de Primaria e Secundaria. De 1990 a 1995, traballou como Coordinador Docente de Galego. É membro da Ponencia de Lingua do Consello da Cultura Galega e asesor do Programa SOL, da Fundación Germán Sánchez Ruipérez. Codirixe, tamén, a Colección "Merlín" de literatura infantil e xuvenil.


Preocupado pola renovación pedagóxica, foi membro fundador dos colectivos Avantar e Nova Escola Galega e participou na elaboración de numerosos materiais didácticos como as series Nobelos de Papel (para o ensino globalizado en galego no Ciclo Inicial), ¡Ámote, mundo! (para a Área de Experiencias), Canles, Labia e O noso galego / Lingua Galega para diferentes niveis escolares. Así mesmo é autor de numerosos traballos sobre a normalización lingüística no ensino, a didáctica da lingua, a promoción da lectura, a literatura infantil ou a introducción dos medios de comunicación nas aulas, publicados en xornais e revistas (As Roladas, Cuadernos de Pedagogía, Revista Galega de Educación, CLIJ, Signos, Textos, e Revista Galega do Ensino, na que se encargou durante varios anos da sección sobre a literatura infantil-xuvenil O pracer de ler). Polo conxunto dos seus escritos sobre cómics concedéuselle, en 1992, o "Premio Ourense de Banda Deseñada".

 

   

    A súa obra, merecente de abundantes premios e recoñecementos (Merlín, Lazarillo, Edebé Juvenil, Rañolas, Raíña Lupa, Protagonista Jove, Lista de Honra do IBBY, etc.), e amplamente traducida a diversas linguas, constitúe un referente incuestionable da literatura infantil-xuvenil galega. Ven de recibir o Premio de Literatura infantil e xuvenil do Estado español.

Etiquetas

Prazos reclamación

LIBROS DE TEXTO

ACCESO ás PROGRAMACIÓNS

Aula Virtual

 

Planos do centro

Calendario Escolar

Orientación

Modificación das NOF

Contacto

Plan Dixital

Club de Ciencia

Igualdade

TEATRO

ANPA

Biblioteca

Semana Cultural

Problemas Acceso

Departamentos