You are here2009, Ano do naturalista Charles Darwin

2009, Ano do naturalista Charles Darwin


By Anónimo - Posted on 12 Febreiro 2009

Hoxe, 12 de febreiro cúmprense douscentos anos do nacemento do naturalista inglés Charles Darwin. Este ano adícase á lembranza deste científico e da súa obra sobre a teoría das especies.

¿Quen é Charles  Darwin?         Charles Robert Darwin naceu en Sherewsbury (Inglaterra) o12 de febreiro de 1809. O seu avó paterno, Erasmus,   foi médico e recoñecido naturalista. Desde neno mostrou gusto pola historia natural e unha grande aficción por coleccionar conchas, moedas e minerais),  o que leva a un a facerse naturalista sistemático, experto, ou avaro”.    No 1825 ingresa na Universidade de Edimburgo para estudiar medicina por decisión do seu pai. A carreira non lle interesou nada, logo de dous anos de non estudiar, seu pai proponlle a carreira eclesiástica, e aínda que non tiña moita fe, acepta a idea de facerse crego rural e ingresa no Christ´s Collage de Cambridge.      Unha nova vida     

Tamén en Cambridge Darwin perdeu o tempo do estudio e adicouse á caza e á hípica, e as troulas cos amigos, mais  tamén afeccionouse á pintura e á música, e asistiu voluntariamente ás clases do botánico e entomólogo John Henslow. Este científico tivo unha intervención directa na vida futura do mozo Darwin,  ó recomendalo para que embarcara como naturalista no barco Beagle, do capitán Robert Fitzroy, nunha viaxe ó redor do mundo.    Seu pai oponse, pero aconsellado polo tío materno de Charles quen o vira moi interesado na viaxe, aprendendo castelán para visitar Tenerife.

O 27 de decembro de 1831 sae no Beagle do porto de Davenport.    Ó longo da viaxe o seu talante experimentou unha transformación moi fonda. A súa atención foi máis e máis absorbida polos aspectos científicos. O estudio da xeoloxía foi, no comezo, o factor que deu impulso á formación como investigador de Darwin na viaxe.    

 Volveu á Inglaterra o 2 de outubro de1836, e coa saúde algo afectada. Pero os anos que seguiron foron os máis activos da súa vida. Traballou nun diario da viaxe e na elaboración de dous textos sobre xeoloxía e zooloxía, e comezou a escribir sobre a transmutación das especies.  As investigacións convencérono de que a selección é a clave do éxito na obtención de melloras útiles nas razas de plantas e animais.

    Casou coa súa curmá Enma Wedgwood no1839 e tivo dez fillos. Finou ó 19 de abril de 1882 dun ataque cardíaco.

Etiquetas

Prazos reclamación

LIBROS DE TEXTO

ACCESO ás PROGRAMACIÓNS

Aula Virtual

 

Planos do centro

Calendario Escolar

Orientación

Modificación das NOF

Contacto

Plan Dixital

Club de Ciencia

Igualdade

TEATRO

ANPA

Biblioteca

Semana Cultural

Problemas Acceso

Departamentos