Skip to Content

Actividades curso 2022-2023

Encontro de clubs manga no Álvaro Cunqueiro 2023

O pasado luns día 6 recibimos aos clubs manga de IES San Tomé e do IES Santa Irene para un pequeno encontro no IES Álvaro Cunqueiro. Tivemos ocasión de coñecernos, xogar ao Pictionary, facer uns Kahoots sobre manga, adiviñar openings e cancións de K-Pop e escoitar algunhas charlas sobre certos títulos... todo preparado polo alumnado!

Penso que pasamos moi bo día e quedamos con ganas de repetir. Agardando xa a próxima cita!

Grazas!

Olimpíada matemática de bacharelato

O alumnado de 1º de bacharelato achegouse a Santiago para participar na Olimpíada Matemática Galega. Aproveitaron para coñecer a facultade de Matemáticas e pasar un bo día!

 

 

 

Concurso de foto e ciencia

O pasado novembro, coincidindo co mes das ciencias, celebramos un ano máis o concurso FOTO e CIENCIA, que organiza o Departamento de Bioloxía. Coas fotografías do alumnado, fíxose unha exposición na entrada do Centro que se prolongou ata o mes de xaneiro, momento en que se coñeceron as imaxes gañadoras. O profesorado de Bioloxía entregou os premios: entradas para o cine e consumicións na cafetería do instituto. Grazas a todos os participantes e moitos PARABÉNS para os gañadores e gañadoras.

Podedes ver as fotos no Album!

 

   

 

 

 

 

Visita ao Museo do Mar de Galicia - 3º ESO

O último día de clase o alumnado de 3° de diversificación visitou o Museo do Mar de Galicia, situado no barrio veciño de Alcabre. Alí, a través dun xogo de pistas, descubriron cousas tan interesantes como escafandras de fai 300 anos, un esquelete real de balea e ata un dente de mamut! E por supuesto desfrutaron da visita ao acuario, onde puideron ver incluso unha quenlla. Pasárono fenomenal!

Residencia de Maiores Fundación San Rosendo

Esta mañá o alumnado de 2° da ESO A achegouse á Residencia de Maiores Fundación San Rosendo, en Coia, para compartir as cartas que realizaron na materia de Lingua Galega. Levabamos tamén doces e todo o noso cariño, pero saímos máis que compensados polo agarimo e a alegría recibida! Volveremos, como nos pediron!

 

ResidenciaMaiores_2022

O club de Ciencia na Bouza

No Club de Ciencia o alumnado de 3º e 4º ESO está a desenvolver, xunto a alumnado do IES Alexandre Bóveda, un proxecto de catalogación das especies do parque da Bouza que agardamos podan compartir con nós ao remate do curso.

Da gusto traballar no barrio cos nosos veciños!

aBouza_CCiencia_2022

Naves negras ante Troya - Cultura Clásica

O alumnado de 3º da ESO que cursa a materia de Cultura Clásica estivo traballando sobre o libro Naves negras ante Troya, unha adaptación da obra de Homero, A Ilíada. Aquí algunhas imaxes do resultado, que non puido ser mellor.

 

Exposición de arte na cafetería

O alumnado de 3º da ESO traballou na materia de Plástica diferentes obras de arte para as que buscaron unha reinterpretación.

Así de ben quedou o seu traballo e convertiron a cafetería do centro nun espazo cheo de arte.

Se queredes ver máis, aquí tendes o album!

O alumnado de Historia da Arte visita Compostela

O alumnado de Historia da Arte de 2° de Bach, acompañado da súa profesora, visitou Santiago de Compostela, onde desfrutaron do Pórtico da Gloria, do interior da catedral e das cubertas, a pesar do día de chuvia que tiveron.

2022_XeH_Santiago

Charla sobre os riscos en internet para 1º e 2º da ESO

O oficial da Policía Nacional, Pelayo Blanco, visitou o mércores o noso centro para dar dúas charlas ao alumnado de 1º e 2º da ESO sobre os riscos de internet.

Durante máis de unha hora, alertounos sobre adicións, delitos, seguridade ou incluso as penas ás que se enfronta un menor por compartir imaxes ou vídeos da intimidade doutra persoa. Ao mesmo tempo, reflexiounou coa rapazada sobre as falsas crenzas que hai detrás dos "influencers" e da inseguridade de moitas aplicacións.

Distribuir contido


by Dr. Radut