Skip to Content

Actividades curso 2017-2018

Canguro matemático 2018

O xoves 15 de marzo, un grupo de alumnos/as de 1º, 2º e 3º ESO participou no XXV concurso Canguro Matemático, organizado pola Asociación homónima.

Este ano, a proba celebrouse no noso centro, ao que acudiu tamén o alumnado participante do IES Santa Irene.

Visita a Radio Vigo e Localia

 

Los alumnos de 1º Bachillerato A, 1º Bachillerato B y 4º ESO A han acudido los días 10, 17 y 24 de enero con las profesoras de Lengua castellana, Cristina Pedrosa y Ana Rodríguez, a las instalaciones de Radio Vigo y Localia Tv.

Ha sido una visita fructífera en la que han podido conocer desde dentro el funcionamiento de ambos medios de comunicación. Además de las explicaciones teóricas que allí han recibido, han pasado a la práctica grabando en Radio Vigo un anuncio sobre el IES Álvaro Cunqueiro y en Localia han descubiertola magia de la televisión gracias a herramientas como el croma o el teleprónter.

Xuntanza do Club Manga

O luns 29 de xaneiro, o Club Manga do IES Álvaro Cunqueiro organizou a xa tradicional xuntanza de inverno no noso centro, na que gozamos dunha clase de xaponés, charlas informativas sobre cultura xaponesa ou videoxogos tan célebres como Overwatch, torneos e xogos varios.

Coa participación do alumnado do IES San Paio, de Tui; o IES Escolas Proval, de Nigrán; o IES Manuel Antonio, de Vigo; e os nosos veciños do IES Alexandre Bóveda, a xuntanza resultou todo un éxito.

Quixéramos agradecer especialmente o traballo realizado ao nos alumnado responsable do Club Manga e á profesora de xaponés da EOI de Vigo, Suevia Sobral, que asistiu á nosa xuntanza para abraiarnos e divertirnos cos seus coñecementos sobre Xapón e a súa cultura.

Que veñan moitas máis celebracións como a deste ano!

+

Visita á exposición do Pergamino Vindel

 

 

Trescentos alumnos do IES Alvaro Cunqueiro de Vigo teñen programada a súa visita ó museo do mar de Vigo dende Novembro a xaneiro  para ver o Pergamiño Vindel que ata marzo permanecerá nese espazo. A visita está programada polos departamento de Música,Galego, Plástica e Historia.

Como estamos a pouco máis de dous mil metros imos camiñando durante media hora, logo hai unha visita guiada á exposición na que se explica tanto a singularidade do pergamiño que contén as cantigas de Martín códax así  como os distintos libros, esculturas ou pinturas alí expostas e que contextualizan a cultura medieval. Despois faise có alumnado un obradoiro no que se explican cuestións como a técnica de facer pergamiños no medievo ou outros aspectos das culturas peninsulares nesa época : Cristiá, Arabe e Xudía. Unha excursión moi agradable e que de seguro lembraremos por sempre.

 

Xurxo Mariño no IES

 

Os alumnos de 4º ESO  e de Bacharelato da rama científica, recibiron o día 29 de novembro a visita do neurocientífico , profesor da UDC e divulgador Xurxo Mariño que impartiu unha conferencia na que contou anécdotas e aspectos científicos da súa viaxe  arredor do mundo.

Durante noventa minutos conseguiu abraiarnos e transmitirnos as marabillosas sensacións que se esconden detrás dos espectáculos que nos amosa a natureza : o deserto do Kalahari no que viven os “san”ou bosquimáns” unha tribu aínda hoxe en día cazadora-recolectora, e que son os seres humanos que posúen a maior diversidade xenética, ademais de contar cunha” lingua de clics” na que incorporan ata nada menos que 140 fonemas. Ademais puidemos emocionarnos vendo o impoñente  glaciar Perito Moreno de 250 km2, viaxamos ao Cabo de Fornos, ao Salar de Atacama,vimos aborixes australianos que comen formigas…e tantos outros lugares.

Todos nos sentimos viaxeiros mentres escoitabamos e, por suposto, quedamos encantados!!  

Visita á Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía

 

O venres 10 de novembro, o alumnada de Bioloxía e Xeoloxía de 1º  e 2º de Bacharelato  desprazáronse ata a Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía para asistir  un taller teórico-práctico sobre minerais co obxectivo de aprender a identificar os minerais máis común da natureza a partir das súas propiedades físicas: dureza, raia, cor, hábito,etc.

Rematado o taller participaron nunha interesante charla sobre Explotación de recursos  minerais en Galicia-España e restauración de Espazos Naturais

Mosteiro de Carboeiro

 

     

Os alumnos de 2º de ESO pasaron unha xornada de cultura, natureza e deporte no entorno do Mosteiro de Carboeiro (Silleda) o luns 23 de outubro. Comenzaron cunha visita guiada ao mosteiro para despois iniciar unha ruta de sendeirismo de 6 Km. pola fraga do Deza ata a Fervenza do Toxa observando a vexetación autóctona e as arbres protexidas como o acivro 

+

 

 

Visita á exposición de Anxel Huete

 

 
   

O mércores 27 de setembro o alumnado de bacharelato de debuxo artístico e de historia da arte asistiron á exposisción de Anxel Huete no MARCO. O propio artista guiounos pola súa exposición.

+

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut