Manuel Veiga no IES Álvaro Cunqueiro
Este mes de maio visitou o noso centro para dar dúas conferencias o xornalista e novellista Manuel Veiga (Monforte de Lemos, 1960). Como xornalista chegou a dirixir na súa última etapa o xornal A nosa terra e como novelista ten publicadas media ducia de obras con alguna das cales gañou premios literarios como o García Garros e de Edicións Xerais. Hai pouco publicou dous libros sobre o poeta Manuel María, a que este ano se lle dedicou o Día das Letras Galegas. |
Alumnos de 3º e 4º de ESO do Álvaro Cunqueiro encheron o salón de actos a media mañá para escoitar a exposición de Manuel Veiga sobre Manuel María, ao que chegou a coñecer intimamente pois ambos eran veciñós de Monforte. Nunha segunda quenda, á derradeira hora da xornada escolar, Manuel Veiga falou da súa propia obra e contestou as preguntas preparadas, logo da proveitosa lectura de varias das súas novelas, polos alumnos de 2º de bacharelato. |
|
|