Skip to Content

Entre os mellores de Galicia na Olimpíada Matemática

     
 

O pasado 21 de abril celebrouse no IES do Castro as probas da fase de zona da Olimpíada Matemática Galega de 2º da ESO.

O noso centro participou con unha selección de 8 rapazas e rapaces. Son os que aparecen na foto: Pablo Lamas, Youssef Ouskoubane, Martín Llach, Martín Louro, Alejandro Ramiro, Blanca Rodríguez, Sabela Freixeiro e Saúl Otero. O longo de varios meses e fóra do horario escolar,  asistiron as clases de preparación a cargo dos profesores de Matemáticas: Teresa Rey, Margarita Cao e Jaime Vázquez.


Na fase de zona de Vigo participaron mais de 20 centros públicos e privados correspondentes a zona sur da provincia de Pontevedra, algo mais de 100 alumnas e alumnos.  Os nosos participantes fixeron un gran papel e viñeron moi contentos das probas, que consistiron na resolución de 5 problemas matemáticos no tempo de 2 horas.

O vindeiro 19 de maio vaise celebrar en Lugo a Final da Olimpíada Matemática Galega con 40 participantes, os mellores clasificados nas fases de zona de toda Galicia. O noso alumno, Martín Louro foi un dos nove seleccionados da fase de zona de Vigo e competirá para quedar entre os primeiros de Galicia.

Desde aquí temos que felicitar a todo o noso alumnado que amosou unha gran competencia matemática e desexarlle moita sorte a Martín Louro na fase final.  Quen sabe se estará estre os elixidos que irán a fase nacional a finais de xuño?

 

 


story | by Dr. Radut