Skip to Content

Iº Concurso Anual Intercentros de Enxeñería Forestal

 
 
 

Uxía Blanco Piñeiro, alumna de 2º de bacharelato, participou xunto con dúas alumnas do IES Torrente Ballester de Pontevedra (Emma e Iria) no I Concurso Anual Intercentros, organizado pola Universidade de Enxeñería Forestal de Vigo na Xunqueira, en Pontevedra.

O obxectivo do concurso foi motivar e contaxiar o pensamento ecolóxico e o respecto pola natureza entre os máis novos.

Para optar ao primeiro posto cada grupo tiña que presentar un traballo no que se ofrecesen ideas para reestructurar e rehabilitar alguna zona forestal de Galicia.

O equipo do “Monte do Cabalo” (así foi como nomearon os xuíces ao equipo da nosa alumna) estivo entre os favoritos por presentarse sen o apoio dun profesor e posicionarse entre os 10 primeiros.

Recibiron como agasallo pola súa participación unha pequeña árbore e uns libros, doados por Uxía para a biblioteca do instituto.

Ademáis a Universidade de Enxeñería Forestal de Vigo prometeu pór en marcha todos aqueles proxectos que lles parecesen interesantes, aínda que non estiveran entre os gañadores do concurso. Co tempo sabremos se o traballo presentado por Emma, Iria e Uxía, centrado na reforma do “Monte do Cabalo” en Vilaboa (Santa Cristina de Cobres), conseguiu ser un dos afortunados.

 

 



story | by Dr. Radut