Skip to Content

Obradoiro de iniciación ao portugués

     
     
 

Este curso 2015-16 é o primeiro no que se imparte a materia de Portugués no IES Álvaro Cunqueiro. O 27 de outubro tivemos a primeira actividade para o grupo que o escolleu como segunda lingua estranxeira. Consisitiu nun obradoiro de iniciación ao portugués, ofertado polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo. Nel mostráronnos como o portugués é unha lingua que nos serve para comunicarnos con máis de 200 millóns de persoas e nos cinco continentes. E que os galegos temos unha gran vantaxe para aprendelo, xa que as nosas linguas teñen un pasado en común e, por tanto, moitas semellanzas.

 

 
     
     
  Pero tamén temos "falsos amigos" entre as dúas linguas, como espantoso que significa xustamente o contrario, 'magnífico', ou esquisito que significa 'estraño'.  
  O alumnado de 1º ESO B estivo acompañado pola profesora de Portugués, Mª Xosé Rial Conde.  
     
     
     


page | by Dr. Radut