Skip to Content

CARAPUCHIÑA VERMELLA CONTADA POLO LOBO

TEXTO PARA TRABALLAR A COMUNICACIÓN E A PERCEPCIÓN.

FONTE: Jares, X (2001): Aprender a convivir. Vigo, Ed Xerais. pp:86-88

O bosque era a miña casa. Alí vivía eu e del coidaba.Procuraba tela sempre limpo e arranxado. Un día de sol, mentres estaba recollendo o lixo que deixaran uns domingueiros, escoitei uns pasos. Dun salto escondinme a carón dunha árbore e vin unha rapaciña que baixaba polo carreiro, levando unha cestiña na mano De seguida sospeitei dela porque vestía dun xeito un pouco estrafalario, toda de vermello, coa cabeza cuberta, como se non quixera ser recoñecida. Naturalmente pareime para ver quén era. Pregunteille cómo se chamaba, a ónde ía, e outras cousas polo estilo. Contoume que ía a levarlle a comida a súa avoa. Pareceume unha persoa honesta e boa, pero o certo é que estaba no meu bosque e resultaba sospeitosa con aquela estraña carapucha. Así que advertinlle, sinxelamente, do perigoso que era atravesar o bosque sen pedir permiso antes e con aquela vestimenta tan rara. Despois deixeina ir polo camiño, pero eu apresureime a ir ver a súa avoa.Cando vin aquela simpática velliña, expliqueille o problema e ela estivo de acordo en que a súa netiña necesitaba unha lección. Quedamos en que quedaría fóra da casa, pero a verdade é que foi agacharse debaixo da cama; eu vestinme coas súas roupas e metinme dentro. Cando chegou a nena, inviteina a entrar no dormitorio. De seguida dixo algo pouco agradable sobre as miñas orellas. Xa con anterioridade me dixera algunha outra cousa desagradable, pero fixen o que puiden para xustificar que as miñas grandes orellas permitíanme oíla mellor. Quixen dicirlle tamén que me encantaba escoitala e que quería prestar moita atención ao que me dicía, pero ela fixo axiña outro comentario sobre o meus ollos saltóns. Podedes imaxinarvos que empecei a sentir certa antipatía por esa nena que aparentemente era moi boa, pero ben pouco simpática. Sen embargo, como xa é costume en min poñer a outra meixela, díxenlle que os meus ollos grandes serviríanme para vela mellor.O insulto seguinte si que me feriu de veras. É certo que teño grandes problemas cos meus dentes que son enormes, pero aquela nena fixo un comentario moi duro, referíndose a eles e, aínda que debín controlarme mellor, saltei da cama moi furioso e díxenlle furioso que os meus dentes servíanme ¡para comela mellor!Agora sexamos sinceros, todo o mundo sabe que ningÚn lobo cOIDel'Ía daquela unha nena. Pero a tala rapaciña empezou a correr pola casa e eu, detrás, intentando calmala ata que de improviso se abriu a porta e aparece u un gardabosques cunha machada na mano O peor é que eu xa me quitara o vestido da avoa e axiña vin que estaba metido nunha boa. De maneira que me lancei pola xanela que estaba aberta e corrín o máis que puiden.

Gustaríame dicir que así foi o final de todo aquel asunto, pero aquela abueliña nunca cantou a verdadeira historia. Pouco despois empezou a circular o rumor de que eu era un tipo malo e antipático e todos empezaron a evitarme. Non souben máis nada daquela nena con aquela extravagante carapucha vermella, pero, despois daquel percance, xa nunca máis volvín a vivir en paz.

 



story | by Dr. Radut