Skip to Content

Miniaturas de motores navales

   

O vernes, día 15 de abril, os alumnos/as do IES Álvaro Cunqueiro disfrutaron dunha actividade consistente na explicación e visualización de motores de barcos en miniatura feitos de modo artesanal polo mecánico naval xubilado José Manuel Hermo, PATELO como a él gústalle que o chamen. 

Estes motores son feitos coas súas mans e a axuda dun torno e sen nengún artella máis que limas aproveitando pezas de desfeito de barcos que él modela e converte nestas pezas únicas que as fai funcionar con aire comprimido.

Son numerosas as exposicións que fixo e fai, non só en Galicia, senón tamén fóra da nosa comunidade e sempre coa mesma finalidade, a de transmitir esta profesión aos rapaces.

Ao Sr Patelo acompáñao o capitán da mariña mercante D. Segundo López Viqueira quen fai una pequena demostración de utensilios mariños empregados nos barcos como sextantes, cartas náuticas, diarios de abordo, etc.

   
   
   


page | by Dr. Radut