Skip to Content

Vigo por dentro

O departamento de música ven de realizar dúas interesantes visitas no mes de Xaneiro: a primeira có alumnado de 4º da ESO a "Escola de Artes e Oficios de Vigo" Onde nos falaron da historia desta importante institución na cidade olívica e nos mostraron a biblioteca e o taller de construcción de instrumentos da Tradición galega  levado polos profesores Xaime Rivas e Carlos Corral. A segunda visita protagonizouna o grupo de 1º de Bacharelato na Casa galega da Cultura e Fundación Penzol, alí tiveron  ocasión de coñecer os impresionantes fondos da biblioteca Penzol, ademáis da biblioteca e fondos legados por  Francisco Fernandez del Riego máis de 30 mil volúmenes e unha pinacoteca moi valiosa con obras da meirande parte dos pintores galegos importantes.As dúas visitas foron moi proveitosas para todos.
 
     


page | by Dr. Radut