Skip to Content

Letras Galegas 2011

       
         

 

A RAG elixiu ao poeta monfortino LOIS PEREIRO (Monforte, 1958/ A Coruña, 1996) para celebrar o Día das Letras Galegas do 2011.

 
 Luís Ángel Sánchez Pereiro, máis coñecido como Lois Pereiro, é un autor  de culto, representante de eclosión creativa dos 80 e da contracultura, poeta punk para algúns e poeta bisturí para outros. Cartografou como ninguén o labirinto do mundo contemporáneo. En palabras de Manuel Rivas, "nas letras galegas constitúe unha liña de intensidade vital e de formas contemporáneas. Alguén semellante á figura de Manuel Antonio nos anos 20" 

En vida só publicou dúas obras, Poemas 1981/1991 (1992) e Poesía ultima de amor e enfermidade 1992-1995 (1995), duros e espidos poemarios en que se fan patentes as pegadas expresionistas, as referencias á literatura xermánica e certos trazos de contracultura. 

 

 Para saber máis sobre Lois Pereiro preme aquí. 

E tamén aquí: páxina oficial sobre Lois Pereiro

Historia do día das Letras Galegas 

 

 

   
   

 

 

                      

  O corredor de fondo perde o alento
 
  Fuxindo dunha vida inzada de renuncias
  da súa liturxia obesa e oleosa,
  mediocre nos seus comunais fracasos,
  bágoas de xelo, indignación contida
 
  non deu chegado a tempo de exercer
  a súa rebelión,
  nin de levar a cabo
  a súa vinganza definitiva
  contra un mundo inxusto, homicida, e cruel,
  pola inutilidade da súa propia vida
 
  solitario, enfermo e fatigado,
  a morte anticipouse e chegou antes.
                                                            Outono , 95

 (De Poesía última de amor e enfermidade)

 

 

 

 

 

    

Poderíano escoller como epitafio
 
  Cuspídeme enriba cando pasedes
  Por diante do lugar no que eu repouse
  Enviándome unha húmida mensaxe
  De vida e de furia necesaria.
                                                    Outono, 95
       (En Poesía última de amor e enfermidade).

 

 



page | by Dr. Radut