Skip to Content

Erasmus+ Movilidade a Polonia

O pasado mes de xuño un grupo do noso alumnado de 4º da ESO, 1º e 2º de Bacharelato realizou unha movilidade a Bialystok (Polonia) integramente financiada grazas a nosa acreditación Erasmus+.

O alumnado e as docentes acompañantes tiveron a oportunidade de compartir a vida cotiá coas súas familias anfitrionas, e as actividades lectivas e de ocio cos seus compañeiros e compañeiras polacos. Entre estas actividades, destacaron as visitas aos parques nacionais obxeto do traballo conxunto, o parque Patrimonio da Humanidade de Bialowieska e o do río Narew.

A experiencia foi moi intensa e enormemente enriquecedora, xa que nos deu a posibilidade de aprender sobre a cultura e modo de vida dos nosos socios polacos, e axudou a reforzar a nosa identidade europea.

 

 



story | by Dr. Radut