Skip to Content

2023/09/27 - Reunión coas familias

 REUNIÓN COAS FAMILIAS DA ESO

Convidamos ás familias do alumnado da ESO a acudir ao centro o próximo mércores 27 de setembro pola tarde. Serán recibidas en primeiro lugar polo equipo directivo e despois polo profesorado titor dos distintos grupos. 

Cada nivel estará convocado a unha hora distinta. Por favor consulten o horario no seguinte enlace

HORA     CURSO
18:00     4º ESO
18:20     3º ESO
18:40     2º ESO
19:00     1º ESO

 

As familias do alumnado de bacharelato están convocadas á correspondente reunión o luns día 2 ás 18:30. Serán recibidas en primeiro lugar polo equipo directivo e despois polo profesorado titor dos distintos grupos.

Teñen a convocatoria dispoñible no seguinte enlace.  



book | by Dr. Radut