Skip to Content

Mercadiño de troco

O vindeiro 23 de febreiro, para conmemorar o Día de Rosalía, o EDNL, o Departamento de Lingua e Literatura Galega, a Biblioteca e o Departamento de Economía organizarán un mercado de troco de libros usados no que poderá participar aquel alumnado do centro que así o desexe.

Os estudantes deben traer con antelación (do 14 ao 21 de febreiro) todos os libros que queiran de literatura xuvenil, preferentemente aqueles que teñen sido lectura obrigatoria algún curso. Entregaranllos ao profesorado organizador e por cada libro recibirán un vale. No recreo do 23 de febreiro poderán trocar ese vale entre os libros que se teñan reunido.

Non se aceptarán libros de texto, técnicos, universitarios, infantís, guías de viaxes, tomos soltos de enciclopedias, revistas, nin aqueles que estean en mal estado. O obxectivo é intercambiar libros para lectores/as de 12 anos en diante.

Deben ter en conta que, unha vez que se entrega o libro para participar no troco, xa non se poderá recuperar. Os libros sobrantes (aqueles pertencentes a alumnado que non achou ningún do seu interese) serán doados á biblioteca do Instituto.

 



page | by Dr. Radut