Skip to Content

Saída interdisciplinar a Samil e Toralla 2021

Este ano o alumnado de 1º ESO fixo unha saída interdisciplinar, o día 22 de decembro, á pista de xeo en Samil e Vila Romana de Toralla. A saída foi organizada polo Departamento de Educación Física e Xeografía e Historia.

Os protagonistas

Reportaxe fotográfica da actividade de patinaxe

Posteriormente, o alumnado visitou a Vila Romana de Toralla coas profesoras de Xeografía e Historia. Este xacemento arqueolóxico sitúase na punta de Toralla entre as praias de O Vao e Canido. Trátase dunha vila romana, unha casa de campo con funcións tanto residenciais como produtivas; explotaban os recursos do mar. Este percorrido permite ao noso alumnado ir adquirindo coñecementos sobre a Galicia romana, contido que tocará traballar neste curso. Estiveron moi atentos ás explicacións do guía e con moitas preguntas durante o percorrido.



page | by Dr. Radut