Skip to Content

Encontro Literario con Antía Yáñez

O pasado venres 6 de marzo visitou o noso centro a escritora Antía Yáñez, autora de dous libros que o noso alumnado leu previamente: Senlleiras e O misterio de Portomarín. Levabamos meses traballando na aula sobre estas novelas que tanto nos gustaron e desfrutamos compartindo as nosas lecturas coa autora e tamén facéndolle preguntas. O alumnado do Club de Lectura de 4º da ESO entrevistou a Antía Yáñez, mentres que os de 1º da ESO agasallárona con cartas e debuxos. A autora acompounos grazas á axuda concedida a este instituto polo Ministerio de Cultura y Deporte dentro do programa “Encuentros Literarios”.

+fotos


page | by Dr. Radut