Skip to Content

Saída ao Parque Nacional Peneda-Gerês

 

 O 4 de xuño participamos convidados polo IES Pazo da Mercé (As Neves) nunha saída conxunta ao Parque Nacional portugués da Peneda-Gerês. Tratábase dun encontro entre o alumnado de Portugués de ambos os centros con vocación de repetirse en próximos anos, ampliando a participación a máis centros onde se está a impartir esta materia como segunda lingua estranxeira.

A actividade central consistía nunha “trilha”, unha ruta, entre Lamas de Mouro e o Santuario da Peneda, acompañados dun guía do Parque. Por causa do mal tempo non a puidemos percorrer pero si visitamos o Centro de Interpretación e esas dúas poboacións, xunto coa vila de Castro Laboreiro, onde comemos. Xa de regreso, detivémonos na vila histórica de Melgaço.

Aínda que a actividade central da saída non se puidese realizar, si se cumpriu o obxectivo de establecer contacto entre os escolares dos dous centros.

 

 



page | by Dr. Radut