BIG CHALLENGE 2017
Un ano máis participamos no concurso BIG CHALLENGE. O pasado 4 de maio, 59 alumnos e alumnas dos catro cursos de ESO puxeron a proba os seus coñecementos da lingua e cultura anglosaxona.
Os resultados foron altamente satisfactorios: Andrés Vázquez Barciela, de 2º ESO D, acadou o primeiro posto provincial do seu curso, empatado con Ismael López Gallo.
|
|||
Noraboa aos gañadores de cada nivel ! Grazas a tódolos participantes. O vindeiro curso tentaremos facelo aínda mellor. |
|||
|