Skip to Content

Concerto Migrasons 2023

Organizado polo departamento de música, o alumnado de 3º da ESO do noso instituto tivo o privilexio de asistir ao concerto “MIGRASONS” de música folk a cargo de seis profesores e dúas profesoras da E TRAD de Vigo, institución na que de xeito gratuíto os vigueses podemos recibir formación de diversos instrumentos galegos. O Concello dispuxo dous autobuses nos que un cento de alumnos e cinco profesores achegámonos ao auditorio para desfrutar do concerto didáctico dunha hora de duración que comezaba ás doce da mañá. Xunto con outros alumnos doutros centros da nosa cidade enchemos o auditorio.

O concerto foi moi participativo, pois en case todos os temas invitaron a cantar ou tocar palmas, inclusive dúas alumnas doutros colexios que tamén ían a E TRAD foron invitadas a tocar un tema xunto aos profesores, en concreto coa Harpa Céltica e o acordeón diatónico. Hai tempo estes profesores achegáronse ao instituto por dúas veces e fixeron aquí o seu concerto, pero dende hai un tempo faon  deste xeito no concello. Hai que subliñar que o profesor de zanfona “Anxo Pintos” foi alumno do noso instituto e que o profesor de frauta e bouzouki é pai dunha alumna actual de segundo da ESO...cancións como “A Carolina” ou “A Rianxeira” formaban parte deste concerto xa que son cancións que teñen orixes máis alá de Galicia pero forman parte do repertorio máis galego de cancións. Ata o señor alcalde visitounos para recomendar ao alumnado que desfrutara do concerto e non deixara de estudar... Unha moi boa experiencia para todos que gardaremos esta actividade nas nosas mellores lembranzas do presente curso académico.

Aquí tendes algunhas fotografías do evento!



story | by Dr. Radut