Do 9 ao 12 de maio o alumnado dos cursos básico e intermedio de francés viaxou, xunto a dúas profesoras, á marabillosa cidade de Lyon (Francia).
Tivemos tempo de practicar o francés, de descubrir a cidade medieval de Pérouges e os restos romanos de Vienne, así como de practicar uns bailes no andén da estación para animar a espera.
Disfrutamos moito da viaxe e do super ambiente do grupo.
O alumnado dos cursos de iniciación, intermedio e avanzado de francés da EPA de Ourense, asistiron o pasado xoves 29 de febreiro á representación da obra de teatro “LES TROIS MOUSQUETAIRES”, adaptación e representación da compañía BHM Producciones, basada na novela de Alejandro Dumas.
Ao final da representación os actores mantiveron un pequeno coloquio hispano-francés co público.
O alumnado de francés de 4º ESA e 1º BAC así como os grupos iniciación, intermedio e avanzado de francés participaron activamente na actividade do Conta Contos Camerunés Samuel Mountoumnjou organizada pola EPA.
Os alumnos e alumnas de francés demostraron o seu talento sobre as táboas cunha importante colaboración nos tres contos africanos que Samuel interpretou de xeito interactivo e a modo de fábula cómica.