SEN PUBLICAR CONVOCATORIA 2025
Preme nas imaxes para ver a información en pdf
1. Información xeral
- Poderás encontrar toda a información totalmente actualizada relativa á realización das probas libres para a obtención do título de Ensinanza Secundaria neste enlace [prema aquí]
- Unidades didácticas en galego [prema aquí]
- Unidades didácticas en castelán [prema aquí]
- Probas de anos anteriores [prema aquí]
2. Prazos de matrícula
- Convocatoria de abril: 5 de febreiro ao 21 de febreiro de 2024, ambos os dous incluídos.
- Convocatoria de xuño: 8 de abril ao 19 de abril de 2024, ambos os dous incluídos.
As persoas matriculadas para a primeira convocatoria, se non superan a totalidade dos ámbitos da proba, consideraranse matriculadas para a segunda convocatoria sen que teñan que presentar nova documentación.
3. Formulario de inscrición ESO 2024 [prema aquí]
- Pode cubrilo on line e imprimilo xa cuberto ou ben descargalo ao seu ordenador.
4. Realización das probas
- Convocatoria de xuño: 7 de xuño de 2024.
- Os chamamentos realizaranse ás 8.45 h para o exame do ámbito científico-tecnolóxico, ás 11.50 para o ámbito social e ás 15.40 para o ámbito linguístico.
- Ubicación do centro onde se realizarán as probas: EPAPU Ourense
- Enderezo: Rúa Álvarez de Soutomaior nº 4, 32002 Ourense
5. Listaxe de admitidos.
- O centro publicará o 6 de marzo a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas así como os exentos de galego. [Listaxe provisional de admitidos] Ordenados polo número de identificación
- Haberá un prazo de 5 días para reclamacións, contados a partir do día seguinte ao da publicación da listaxe de admitidos.
- Transcorrido o prazo citado no punto anterior, o 15 de marzo publicarase a listaxe definitiva de persoas admitidas. [Listaxe definitiva de admitidos]
- Para calquera dúbida poden consultar chamando ao número de teléfono 988243834 ou nos correos epapudeourense@gmail.com ou epa.ourense@edu.xunta.gal
- Segunda convocatoria do 7 de xuño:
6. Cualificacións.
7. Reclamacións.
- Días para presentar reclamación: tres días hábiles trala publicación das cualificacións na secretaría do centro mediante formulario que se achegará no centro.