Skip to Content

Información Admisión para o curso 2024/2025

A atención ao público será con cita previa que ten que ser concertada chamando ao teléfono do centro:
616.466.312
 

INFORMACIÓN: https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/

Adxunto: Manual para as familias.

VACANTES PARA O CURSO 2024-2025:

- 4º Educación Infantil: 20 prazas

- 5º e 6º Educación Infantil: 0 prazas

PRAZOS

- Prazo para a presentación das solicitudes de admisión: desde o 1 ao 20 de marzo 2024

- Publicación da listaxe provisional de admitidos: antes de 25 de abril 2024.

- Publicación da listaxe definitiva de admitidos: antes do 15 de maio 2024.

- Prazo de formalizacion da matrícula: desde o 20 ao 30 de xuño 2024.

CENTRO ADSCRITO: A escola está adscrita ao CEIP Galán.

NORMATIVA:

Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros que imparten as ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato.

Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

INFORMACION SOBRE O PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2024/2025

1º. Cada alumna e alumno só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar.  A infracción deste punto determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle. Poderá indicar un máximo de 6 centros.

2º. O alumnado que tem garantia de permanência nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro centro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.

3º. O alumnado que tem reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión

COMO PRESENTAR UNHA SOLICITUDE?

Para presentar unha solicitude deberá seguir algunha das opción descritas a continuación:

  1. Cubrir a solicitude informáticamente e presentala asinada de xeito manual no centro:
    Para presentar a solicitude presencialmente no centro deberá seleccionar a opción de menú “Solicitudes --> Reserva/Admisión --> Crear”. Deseguido aparecerá unha pantalla na que deberá cubrir os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e os criterios alegados e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, deberá premer no botón “Crear e Confirmar”. Feito isto poderá descargala para asinar e presentar no centro.
  2. Cubrir a solicitude informáticamente e asinala en Sede Electrónica
    Para presentar a solicitude a través da Sede Electrónica deberá acceder a admisionalumnado con usuario de Chave 365 ou con certificado dixital, para iso deberá premer na icona verde que se atopa arriba á dereita. Posteriormente deberá seleccionar a opción de menú “Solicitudes --> Admisión --> Crear”. Deseguido aparecerá unha pantalla na que deberá cubrir os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e os criterios alegados e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, deberá premer no botón “Confirmar solicitude” e posteriormente premendo no botón "Firmar e presentar en Sede Electrónica", poderá asinar a solicitude dixitalmente, quedando como presentada no centro, sempre que o proceso de sinatura remate correctamente. Debe achegar escaneada toda a documentación pertinente á hora de presentar solicitude.
    IMPORTANTEDebe achegar, na Sede Electrónica da Xunta de Galicia, o anexo bis dixitalizado.
  3. Cubrir a solicitude manualmente e presentala asinada presencialmente no centro

Se non desexa cubrir a solicitude dixitalmente pode facelo de xeito manual descargando dende os seguintes enlaces os documentos, cubrilos e presentalos firmados no centro.

Admisión: Solicitude Galego

Admisión: Solicitud Castelán

Xunto co impreso de solicitude débese aportar a seguinte documentación:

  • Documento acreditativo do requisito de idade do alumno/a.
  • Sentencia xudicial de separación ou divorcio e/o convenio regulador onde conste a custodia do/a menor, de darse o caso.
  • Para optar por unha praza de NEAE achegarase documentación que acredite as circunstancias alegadas.

Entroido 2024

 

 

Xornada de portas Abertas - Admisión 2024/2025

O proceso de admisión está a piques de comezar e queremos ser a vosa escola para o vindeiro curso 2024/2025.

Queredes vir a coñecer as nosas instalacións? 

Estaremos encatadas/os de recibirvos o LUNS 26 de febreiro ás 16:00h.

Ven a coñecernos!

Agardámosvos!

 

Reserva de Praza en Centro Adscrito

A día de hoxe (15 DE XANEIRO) abriuse o prazo para que o alumnado de 6º de EI da escola reserve a súa praza no CEIP GALÁN e continuar alí 1º de Primaria o vindeiro curso 2024/2025.

O prazo é dende o 15 de xaneiro ata o 5 de febreiro de 2023, ambos incluídos.

FORMAS DE PRESENTACIÓN (3 formas)

1ª) O impreso pode ser cuberto polas familias de xeito manual e entregado no noso centro.

IMPRESO PARA DESCARGAR, IMPRIMIR, CUBRIR E ENTREGAR NO CENTRO

IMPRESO ED550A  en Galego

IMPRESO ED550A en Castellano

Podedes solicitalo na escola.

 _______________________

2ª) A través da aplicación Admisión Alumnado na seguinte ligazón

APLICACIÓN ADMISIÓN ALUMNADO

Manual de Axuda para cubrir a solicitude.

De ser cuberta na aplicación deberán seguir os seguintes pasos:

    1º Acceder ao apartado de SOLICITUDES – RESERVA - CREAR

   2º Unha vez cuberta, premer no botón “Crear e Confirmar” co que poderemos descargala, imprimila e entregala na escola.

 _______________________

3ª) Pode tamén tramitarse a reserva a través da SEDE ELECTRÓNICA e presentar asinada de maneira telemática na seguinte ligazón (para o que se precisa chave 365 ou certificado dixital)

SEDE ELECTRÓNICA

  • Na propia aplicación, Solicitudes – Admisión – Crear.

  • Unha vez cuberta, premer no botón “Confirmar Solicitude”

  • Despois premer en “Firmar e presentar na Sede Electrónica”

 Se tendes algunha outra dúbida ou problema estaremos encantadas de axudarvos.

   ________________________

Premendo AQUÍ tendes información sobre o proceso de admisión do alumnado.

Moitas grazas

 

PXA y PD 23-24

Calendario Escolar

Calendario Escolar

Merendas Saudables

Merendas Saudables

Material curso 23/24

Boas familias!

Compartimos con vós (documentos adxuntos) a listaxe do material coas correccións precisas.

Calquera dúbida aquí estamos!

Gracias pola colaboración.

Un saúdo.

As mestras

Vémonos o luns 11!

Recordade que o luns 11 ás 9:15 vémonos no cole o alumnado de 5º e 6º de EI.

O alumnado de 4º EI terá en conta o seu horario establecido para o Periodo de Adaptación, incorporándose en horario de 9:15 a 14:15 o luns 18.

Contamos co servicio de comedor desde o primeiro día!

Desfrutade do finde!

As mestras da EEI de Vilarrodís

 

Vémonos o luns 11!
Distribuir contido


by Dr. Radut