Skip to Content

AXUDAS COMEDOR

AXUDAS COMEDOR

Formalización Matrícula

Todas as solicitudes de admisión presentadas no centro no procedemento ordinario foron admitidas. O prazo para a formalización da matrícula abrangue do 20 ao 30 de xuño de 2023 no seguinte horario:

 

 

- Martes 20 e Mércores 21 de xuño de 2023: de 11:30 a 12:30
- Do xoves 22 ao xoves 29 de xuño: de 9:30 a 12:00
- Venres 30 de xuño: de 9:30 a 10:30

 

Prégase respectar o horario e comunicarse coa escola previamente para concertar cita de xeito excepcional no caso de incompatibilidade xustificada.

 

Deberase presentar a seguinte documentación (que deberá vir xa cuberta para axilizar os trámites):

1. Impreso de formalización de matrícula AQUÍ

2. Dúas fotos carnet co nome escrito por detrás.

3. Fotocopia da tarxeta sanitaria

4. Fotocopia da cartilla de vacinas

5. Enquisa inicial AQUÍ

INFORMACIÓN DA ANPA: COMEDOR ESCOLAR 2023/24

Do 1 ó 30 de xuño do 2023 (incluídos) estará aberto o prazo para solicitar praza no comedor escolar no curso 2023-2024, para todo o alumnado do centro (xa matriculado e de nova incorporación). Número máximo de prazas 30.

Os impresos da solicitude de comedor (documentos adxuntos) tamén estarán dispoñibles no centro. As solicitudes se entregarán no e-mail da ANPA ( apa.oloureiro@hotmail.com ) ou presencialmente á directora do centro.

Do 15 ó 31 de Agosto (incluídos) estará aberto o prazo para inscribirse no comedor escolar. A ANPA enviará por e-mail os documentos necesarios para formalizar a inscripción. 

PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN

 

Respecto do procedemento de admisión do alumnado, comunícase que o vindeiro curso 2023/2024 a escola vai dispoñer dunha aula máis de Educación Infantil. Deste xeito, todo o alumnado que solicitou praza no proceso ordinario de admisión está ADMITIDO.

 

 

VENRES 28/04 NON LECTIVO

Lembramos que o venres 28 de abril será NON lectivo, sendo un dos días seleccionados polo centro e aprobado en Consello Escolar. 

Cambio na entrada á escola

Previsiblemente á volta de Semana Santa (ou a semana seguinte á mesma) producirase un cambio na entrada de acceso á escola, pasando a ubicarse no lateral da cancela. Deixámosvos unha imaxe coa que esperamos poidades visualizar mellor o cambio.

Apertura da fase de Baremo

Información importante para as familias que solicitaron praza na nosa escola para o curso 23/24:

 

Estando á espera de nova información procedente da Administración, debemos continuar co proceso ordinario de admisión, entrando a continuación na fase de baremo, ante a gran cantidade de solicitudes de admisión que recibimos durante este mes na nosa escola.

 

Para iso, ábrese o prazo para a presentación de documentación que acredite os criterios de baremo que cada unha de vós marcou na súa solicitude.

 

O prazo abranguerá dende o LUNS día 27 de marzo ata o MARTES 11 de abril. Tende en conta, por favor, a chegada das vacacións de Semana Santa do 3 ao 10 de abril, ambos incluídos.

 

Así mesmo, gustaríanos recordarvos o HORARIO para proceder á entrega da devandita documentación, o cal rogamos se respecte ao máximo debido as condicións de persoal da escola.

 

Luns: De 11:15 a 12:30

Martes: De 13:00 a 14:30  

Mércores: De 11:15 a 12:30

Xoves: De 9:30 a 10:00, de 11:15 a 12:00 e de 15:30 a 18:00*

Venres: De 10:15 a 12:15

 

*Aproveitamos  para informar que esta semana, debido á celebración da festa de Pascua da ANPA, o horario de tarde de permanencia na escola do profesorado cámbiase do martes ao xoves.

 

Grazas pola vosa colaboración!

 

 

 

 

 

FESTA DE PASCUA

Non vos perdades a FESTA de PASCUA da ANPA este Xoves 30 de marzo de 17 a 19h.

Espazo Educa_Creando Pontes

Alumnado de 6º curso de EI Admitido na Reserva de Praza no CEIP Galán

Informamos que todo o alumnado de 6º de Educación Infantil da nosa escola que solicitou a reserva de praza no CEIP Galán para continuar alí os estudos de Educación Primaria foi admitido.

 

O seguinte paso será a formalización da matrícula do 20 ao 30 de xuño.

Distribuir contido


by Dr. Radut