Skip to Content

BENVIDOS Á WEB DA NOSA ESCOLIÑA

PROCESO DE ADMISIÓN: TODAS AS SOLICITUDES ADMITIDAS

Infórmase que o número de solicitudes recibidas foi menor ao de prazas ofertadas, polo que todas as solicitudes están admitidas. Deberán formalizarse no prazo de matrícula, que vai do 20 ao 30 de xuño.

APERTURA DO PRAZO E INFORMACIÓN DO PROCESO DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2024-25

 

Presentación solicitudes de admisión e documentación complementaria:

  • Prazo de presentación: do 1 ao 20 de marzo, ambos os dous incluídos.

  • A solicitude será única e poderase presentar:

  • En caso de presentación presencial neste centro, para garantizar unha atención personalizada que non interfira co funcionamento normal da escola, atenderase os luns entre as 16.30h e as 19.30h e os martes entre as 12.30h e as 13.30h.

  • De se requerir documentación para xustificar os criterios alegados no baremo por existir máis demanda que número de vacantes, abrirase un prazo de presentación da mesma de dez días hábiles, o que se anunciará ao día seguinte do peche do prazo de solicitudes.

Oferta de prazas vacantes:

  • Ofértanse sete prazas vacantes para o curso 2024-25. Segundo a normativa referida máis abaixo, dúas desas prazas estarían reservadas para a escolarización de alumnado con NEAE.

Área de influencia:

  • Segundo a información ofrecida polo Concello, a área de influencia da EEI de San Bartolomeu comprende a parroquia de Pravio.

Servizos complementarios:

  • A EEI de San Bartolomeu ofrece servizo de Mañanceiros, ofrecido polo Concello de Cambre.

Centro de adscrición:

  • O centro de adscrición da EEI de San Bartolomeu é o CEIP Wenceslao Fernández Flórez de Cambre.

Calendario:

  • Prazo de presentación de solicitudes: do 1 ao 20 de marzo, ambos os dous incluídos.
  • Prazo de presentación de documentación xustificativa do baremo alegado: des díaz hábiles comprendidos entre o 21 de marzo e o 11 de abril.
  • Publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas: 25 de abril.
  • Plazo de reclamación ás listaxes provisionais: cinco días hábiles desde a publicación.
  • Publicación das listaxes definitivas: 15 de maio.
  • Formalización da matrícula: do 20 ao 30 de xuño.

Información adicional:

  1.  Todo o alumnado incluído no ámbito desta orde poderá presentar solicitude de admisión, pedindo ata seis (6) centros por orde de preferencia, e alegar os criterios de admisión que pretenda que se lle valoren. Esta solicitude de admisión dirixirase ao centro solicitado en primeiro lugar. Despois de presentar unha solicitude de admisión, para renunciar a ela deberá facerse expresamente, indicándoo no recadro correspondente da nova solicitude que deberá presentarse.
  2. O alumnado que teña prioridade para continuar estudos nun centro de adscrición pode exercer o seu dereito á reserva de praza presentando solicitude de reserva no centro adscrito, isto é, no que está matriculado nese momento, e identificará o centro de adscrición que solicita.
  3. En todo caso, a solicitude de reserva ou de admisión é única para cada alumno/a e ten carácter vinculante. A súa presentación implica que son certos os datos indicados nela. A existencia dunha solicitude de admisión presentada en prazo sen renunciar expresamente á anterior e, así mesmo, a existencia dunha solicitude de admisión sen ter renunciado á praza reservada a 28 de febreiro (este incluído) poderán ser causa de perda do dereito a participar no procedemento nos termos previstos no artigo 8.
  4. A admisión e a matriculación nun centro docente público ou privado concertado implicarán respectar o proxecto educativo.

Poderase consultar na aplicación admisionalumnado:

  • O cronograma coas datas dos trámites principais do procedemento de reserva, admisión ordinaria e matrícula.
  • A previsión de postos escolares dispoñibles e as súas modificacións.
  • A relación do alumnado de cada curso, co número da solicitude de admisión asignado pola aplicación admisionalumnado no momento da súa gravación.
  • O estado de tramitación da súa solicitude utilizando o número de solicitude e o número de DNI da persoa solicitante.
  • A listaxe do alumnado con posto reservado e a listaxe provisional e definitiva do alumnado admitido coa puntuación total e do alumnado non admitido, utilizando calquera dos mecanismos de identificación admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o certificado dixital e Chave365.

Lexislación:

 

OFERTA DE PRAZAS CURSO 2024-2025

De cara ao próximo prazo de admisión de solicitudes, infórmase que existen sete vacantes dispoñibles na EEI de San Bartolomeu de cara ao curso 2024-25. 

XORNADA DE PORTAS ABERTAS (ATENCIÓN: CAMBIO DE HORARIO)

O próximo luns 19 de febreiro. ás 18.30 horas, terá lugar unha xornada de portas abertas para as familias que estean interesadas. Prégase confirmar asistencia.

ATENCIÓN, MODIFICACIÓN DO HORARIO:

A xornada terá lugar ás 18:30h, unha hora máis tarde do anunciado inicialmente, para facilitar a asistencia a outras xornadas de escolas da zona.

 

 

 

RESERVA DE PRAZA NO CEIP WENCESLAO FERNÁNDEZ FLÓREZ PARA O CURSO 2024-25.

Comunícase que xa se iniciou o proceso de reserva de praza no centro de adscrición para a etapa de educación primaria, o CEIP Wenceslao Fernández Flórez no curso 2024-2025.

Resúmese aquí a información de interese para este procedemento:

  • O prazo de presentación de solicitudes será desde o 15 de xaneiro ata o 5 de febreiro.
  • As solicitudes tramitaranse a través da aplicación www.edu.xunta.gal/admisionalumnado.
  • As familias poderán cumprimentar as solicitudes de reserva de xeito manual empregando o formulario en papel ou a través da aplicación..
  • A vía prioritaria de presentación é a telemática, para as persoas que conten con certificado dixital, mais tamén é posible presentar a solicitude en papel neste centro.
  • As reservas de praza teñen prioridade e só habería que acudir ao proceso ordinario de admisión no caso de haber maior número de reservas que prazas ofertadas.
  • A reserva ten carácter vinculante e a existencia dunha solicitude de admisión presentada en prazo sen ter renunciado á plaza reservada a 28 de febreiro (este incluído) poderá ser causa de pérdida do dereito a participar no procedemento.
  • A normativa que regula o proceso de reserva de praza, onde se pode atopar toda a información detallada, é o DECRETO 13/2022, de 3 de febreiro, xunto coa ORDE de 21 de outubro de 2022.

 

DÍAS NON LECTIVOS

Infórmase de que os días non lectivos solicitados de libre elección solicitados para este curso, segundo o aprobado polo Consello Escolar son:

  • 13 de outubro de 2023.
  • 20 de maio de 2024.

FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA CURSO 23/24

O prazo de matrícula é do 20 ao 30 de xuño, ambos os dous inclusive. 

A documentación a presentar na escola é a seguinte:

  • Impreso de matrícula debidamente cumprimentado. Pode recollerse no centro ou descargalo neste enlace: IMPRESO MATRÍCULA.
  • 3 fotografías tamaño carnet do/a alumno/a.
  • Fotocopia do DNI do alumno/a, se o ten, e dos proxenitores.
  • Fotocopia do libro de familia (onde esté inscrito o neno/a).
  • Fotocopia da tarxeta sanitaria do alumno/a.
  • Informe médico (certificado de vacinacións e de non podecer enfermidades infecto-contaxiosas.
  • Copia da resolución xudicial, no caso de separación legal dos pais.

SOLICITUDE DO SERVIZO DE MAÑANCEIRO PARA O CURSO 23/24

Recordade que os alumnos/as que queiran CONTINUAR co servizo de mañanceiro ou ben solicitalo por primeira vez, terán que facelo a través da Sede electrónica da páxina web do concello ou ben nos rexistros municipais. O prazo para facelo vai do 19 de xuño ao 19 de xullo. Para obter máis información podedes chamar ao Concello e tamén consultar os seguintes documentos:

Información do servizo de mañanceiro

Solicitude editable

 

RAPOSADAS

Distribuir contido


by Dr. Radut