Skip to Content

Dependencias

A nosa escoliña

Entrada da escola e patio dianteiro, que as veces utilizamos como aula exterior

     

 

O patio traseiro ten dúas zonas. A primeira parte chamada "kiwilandia", onde temos árbores, un gran emparrado, o noso composteiro...

E a segunda parte do noso patio traseiro é unha ampla zona verde para xogar, alí temos o noso invernadoiro, un xardín de herbas aromáticas e a nosa "guarida". Un lugar perfecto para explorar e descubrir a natureza.

                            

E esta é a nosa aula, como vedes está dividida en diferentes espazos de traballo: construccións e asamblea, espazo artístico, espazo de natureza, biblioteca... Na nosa escoliña damos moita importancia ó espazo, a distribución do mesmo, a estética e ós materiais...pois como dicía Loris Malaguzzi o espazo confórmase como o terceiro mestre.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut