Skip to Content

OS MANDADIÑOS DO MECO

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

Esperámosvos o LUNS, 13 DE FEBREIRO DE 2023 ÁS 16.30H.

Prégase confirmación por email: eei.sanbartolomeu@edu.xunta.gal

 

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2023/2024

A vindeira semana comeza o PROCESO DE RESERVA DA PRAZA PARA O ALUMNADO QUE VAI CURSAR 1º DE PRIMARIA NO CEIP WENCESLAO FERNÁNDEZ FLÓREZ de Cambre que é o noso centro adscrito polo que debedes estar atentas/os aos prazos:

 

RESERVA DE PRAZA:

16 DE XANEIRO AO 6 DE FEBREIRO

 

COMO É O PROCESO:

Existen dúas vías:

1. De xeito telemático (recomendada): a través da aplicación admisionalumnado

2. De xeito manual: cubrimos o ANEXO I e entregámolo no centro de orixe (EEI de San Bartolomeu).

 

NORMATIVA:

Decreto 13/2022, do 3 de febreiro.

Orde do 21 de outubro de 2022.

Manual para as familias

Elección do criterio complementario

O Consello Escolar aprobou o día 11 de xaneiro de 2023 o criterio complementario para o proceso de admisión quedando recollido da seguinte forma: 

 

"que algún irmán ou irmá estivese anteriormente matriculado no centro"

 

A normativa legal que se tivo en conta foi a que se expón a continuación:

  • Artigo 9 do Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
  • Artigo 24 da Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

Autorización día non lectivo

A inspección educativa ven de confirmarnos que autoriza o día 05/12/2022 como día non lectivo escollido polo centro polo que ese luns non haberá clase.

Cóidaos

A nosa escola foi admitida no programa de innovación Plan Proxecta+, no programa "Protexe os animais". O programa consiste en desenvolver un proxecto que desenvolva a concienciación na sociedade actual do respecto e na protección dos animais domésticos, asentar valores fundamentais na tenza responsable de mascotas e análise crítica dos actos e das condutas non desexadas, como o abandono e o maltrato. O proxecto presentado pola mestra foi elixido polo que temos a sorte de ser un dos 20 centros participantes nesta convocatoria. Podedes acceder ás actividades que se van realizando na marxe lateral pulsando sobre a icona.

Mañanceiro

 

 

Recordade que os alumnos/as que queiran CONTINUAR co servizo de mañanceiro ou ben solicitalo por primeira vez, terán que facelo a través da Sede electrónica da páxina web do concello ou ben nos rexistros municipais. O prazo para facelo vai do 15 de xunio o 15 de xulio. Podedes solicitar máis información chamando ó Concello de Cambre ou na súa páxina web. 

 

 

Actividades Extraescolares

Como xa sabedes todo o alumnado da EEI San Bartolomeu ten dereito a asistir as actividades extraescolares do noso centro de adscrición o CEIP Wenceslao Fernández Florez. O prazo para que vos podades apuntar remata o 30 de maio. Preme nas imaxes se queres descargar a documentación.

 

 

(RE) HABITANDO O NOSO PATIO

 

Preme nas imaxes para ler as noticias, e se queres ver o proxecto enteiro podes pinchar aquí onde atoparás os documentos do noso centro

 

 

 Páxina Web do Concello de Cambre

            

 

 

Así traballou a Comunidad educativa neste proxecto, mirade, mirade..

 

                

Crocodilo

Durante a semana do libro estivemos a traballar o conto "Crocodilo" da editorial Kalandraka, xogamos a contalo rápido, contalo lento...identificamos as diferentes palabras que van aparecendo, fixemos xogos con esta temática e por último fixemos este video para compartir coas familias. Cada quen fixo algo diferente polo que o primeiro que fixemos foi unha repartición de tarefas. Algúns tiñan que debuxar as ilustracións, outros darlles cor, outros foron escribindo a poesía do conto e por último gravamos a narración. Este é o resultado: 

 

                             

Distribuir contido


by Dr. Radut