Skip to Content

blogue deadmin

Videos de Bibliorretos

Xa chegan os vídeos dos bibliorretos achegados polas familias. Menudos artistas!!!bibliorreto conseguido!!!

 

 

Yellow Illustration Volunteering Infographic de Crespo Rivas

CRESPIADIVIÑAS

Xa están aquí os mestres máis rebuldeiros do noso cole cun novo crespirreto lingüístico... Non paran. Desta vez non se lles vai trabar a lingua, pero veremos a ver se son quen de averiguar a solución a estas adiviñas... Desta vez queren que os retedes enviándolles un vídeo coa vosa adiviña... poñédello difícil que seguro que o saben. Estamos desexando ver as vosas propostas... Explorade, observade, inventade... para ser auténticos superheroes da lingua. ESPERAMOS AS VOSAS ACHEGAS!

E lembrade que estas actividades SON ABERTAS A TODO O ALUMNADO! para o noso taller de estimulación da linguaxe.

 

OS BIBLIORRETOS DOS OBSERVADORES

RETO CONSEGUIDO, OBSERVADORES! Non se vos escapa unha, que nivel de investigación! e menudos disfraces! SEGUIDE ASÍ, estamos moi orgullosas de vós

 

 

BIBLIORRETOS DOS SUPERHEROES

Xa estamos aquí de novo con máis sorpresas, esta vez o vídeos coas vosas achegas dos bibliorretos. RETO MÁIS QUE CONSEGUIDO!  Vós sí que sabedes como ser auténticos superheroes.

Bibliorreto dos exploradores

Como cada semana, aquí estamos de novo coas vosas achegas, menudo nivel de participación... estamos moi orgullosas de vós. SEGUIDE ASÍ EXPLORADORES!

 

Psicorreto 1

Iniciamos unha nova semana chea de SORPRESAS. Esta vez os mestres e mestras máis deportitas tráennos dous psicorretos. 

Déixovos nas mellores mans coa profe ELENA, a profe ANA, o teacher BEN e a teacher FABIOLA.

TODOS A MOVER O ESQUELETE!!

E non esquezades mandarnos as vosas aportacións ao longo desta semana.

APERTAS CON MOITO RITMO 

 

Psicorreto 2

E xa imos co segundo dos psicorretos... Seremos quen de facelos? A POR ELES!

 

Artistas primaverais

Xa están aquí as obras de arte sobre a primavera. Atoparedes  pequenos videos enviados polas familias. Os videos das fotos coas vosas achegas atópanse nos blogues de cada nivel.

Feliz fin de semana

Hecho con Padlet
Distribuir contido


by Dr. Radut