Skip to Content

Escolares

NOVAS IMPORTANTES

Moi boas familias:

Comezamos un novo trimestre cargado de aventuras e sorpresas. Recomendámosvos que esteades moi atentos e atentas aos blogs do centro e das mestras porque ao longo destas semanas iremos colgando moitas cousiñas neles: materiais, contos, actividades... e sobre todo moitas, moitas sorpresas.

Como sabemos o importante que é o traballo en equipo, dende o noso centro imos poñer á vosa disposición 3 contas de correo electrónico, una para cada un dos niveis educativos, deste xeito, poderedes achegarnos fotos, debuxos, vídeos... xa vos iremos dicindo a medida que avancen as semanas.

Todos os nenos e nenas de 3 anos (4º EI) poderedes remitir os vosos traballos a

 ossuperheroesde3@gmail.com

todos os nenos e nenas de 4 anos (5º EI) poderedes remitir os vosos traballos a

 osobservadoresde4@gmail.com

e todos os de 5 (6º EI) poderedes facelo a

osexploradoresde5@gmail.com

Como sempre contamos coa vosa colaboración. Con tódalas achegas trataremos de crear novos vídeos e compartilos con toda a comunidade educativa... pero agardade, poque moi pronto compartiremos algo moi especial.

 

Un saúdo e unha aperta moi moi forte.

Sorpresa, Sorpresa

QUE LEDICIA!

Hoxe comezamos o día cunha fermosa sorpresa que nos fixo chorar e rir ao mesmo tempo. Que emocionante volver ver os vosos sorisos e compartir con vos este momento tan especial.

Queremos agradecervos a gran labor que estades a levar a cabo tódalas familias e especialmente agraceder á nosa ANPA que nos achegara este fermoso agasallo.

Velaiquí volo achegamos para recordarmos que somos unha gran comunidade educativa.

Mil Grazas

 

color esperanza from crespo rivas on Vimeo.

Xogando con LUPO

Aquí vos deixamos unha presentación das nosas andanzas co sistema LUPO. En cada unha das imaxes hai un vídeo, preme en cada un deles para velo.

 

descubriendo a LUPO de Crespo Rivas

Enredemos coa primavera

O equipo educativo da nosa escola quere agradecervos os vosos esforzos e premiar o voso ánimo nestes momentos. Xuntos conseguiremos que a primavera entre nos nosos fogares.

Os nosos Blogues

ESTIMADAS FAMILIAS:

O EQUIPO EDUCATIVO DO NOSO CENTRO QUEREMOS AGRADECERVOS A VOSA LABOR NESTES MOMENTOS E PARA PODER AXUDARVOS TEMOS CREADO UN NOVO BLOQUE NA NOSA PÁXINA, NA PARTE DEREITA QUE SE CHAMA BLOG DE MESTRAS, ALÍ COLGAREMOS PROPOSTAS DE ACTIVIDADES PARA PODER REALIZAR DURANTE ESTES DÍAS, SÓ TEDES QUE PINCHAR NO BLOG QUE CORRESPONDE COA IDADE DO VOSO FILLO/A E ALÍ PICAR NA FOTO E DESPREGARASE UN DOCUMENTO.

TAMÉN VOS RECOMENDAMOS QUE LLE VOTEDES UN VISTAZO AOS BLOGS DO CENTRO, ONDE PODEDES ATOPAR DIVERSOS RECURSOS EDUCATIVOS  COMO LIMS, VIDEOS, CANCIÓNS, ENLACES E CONTOS ... PARA FACER MÁIS AGRADABLE ESTE MOMENTO.

MOITÍSIMAS GRACIAS POLA VOSA COLABORACIÓN. 

                                   UNHA APERTA MOI GRANDE DE PARTE DE TODO O EQUIPO.

Enlaces Proxecto O CIRCO

 

ENLACES RECOMENDADOS PARA RECORDAR O TEMA TRATADO ESTE TRIMESTRE NO COLE:

Distribuir contido


by Dr. Radut