Skip to Content

Visita a adega "Lagar de Fornelos" - Setembro 2018

02/10/2018 09:50

Os nenos e nenas de Fornelos seguimos coñecendo e descubrindo cousas novas sobre o proceso de elaboración do viño, e para elo visitamos a adega "Lagar de Fornelos".

Saímos ás 10:30, fomos polo camiño do río onde vimos diferentes árbores e paramos a falar sobre elas. Como estaba moi bo día, paramos nun parque, onde merendamos e xogamos, e ó rematar fomos á adega Lagar de Fornelos. 

Recibiunos Olga, que era a guía. Ensinounos unha máquina, na que botaban uvas, e que separaba a uva do cangallo. Facía moito ruído. As uvas ían por un tubo a unha máquina, que prensaba as uvas e era moi grande. O que sobraba de espremer (a pel da uva) vai para uns sacos, onde se almacenan para facer augardente, logo nun alambique, que tamén vimos. O zume da uva, o mosto, vai para uns depósitos enormes que estaban forrados con fotos de árbores. Tamén coñecimos a outra parte da adega onde había barrís cheos de augardente e botellas de exposición. 

Despedímonos de Olga e fomos camiñando polo medio de Fornelos. Fomos a casa de Adrián, onde bebimos auga, miramos os cans, o lagar e onde teñen o depósito, onde embotellan o viño. Despois vendimamos as nenas e nenos de Primaria coas tesoiras de podar. Saímos camiñando e chegamos á escola ás 13:30.



actividade | by Dr. Radut