Skip to Content

Excursións e saídas

Imos ao supermercado- Setembro 2019

25/09/2019 09:00
25/09/2019 14:00

Os nenos e nenas da escola de Fornelos (de educación infantil e primaria) saímos ao supermercado do Rosal para mercar os ingredientes necesarios na elaboración das receitas que faremos na celebración dos aniversarios!!!

Guiño IMOS VER QUE CONSEGUIMOS!

Visita de primaria a Panxón - Xuño 2019

13/06/2019 09:00
14/06/2019 14:00

O alumnado de primaria foi pasar dous días a Residencia de tempo libre da Xunta en Nigrán. Nestos días, poideron desfrutar da praia e de diferentes actividades cos diferentes mestres e mestras. Pola noite, fomos pasear polo paseo marítimo e despois foron para as habitacións, onde pasaron unha noite do máis tranquila. 

Saída a Baiona a visitar a Carabela Pinta - Maio 2019

29/05/2019 09:00
29/05/2019 14:00

Os alumnos e alumnas do CRA fomos de excursión a Baiona. Alí visitamos o museo do Mar, a Carabela Pinta e tamén xogamos nun parque infantil. Para elo, dividímonos en 4 grupos, mentres un iba a carabela, outro iba o museo do mar e os outros dous quedaban no parque xogando.

Ademáis, o alumnado de primaria, no tempo de estar no parque, foron dar un paseo polas murallas do paseo de Baiona.

Saída a Baiona - Maio 2019

29/05/2019 09:00
29/05/2019 14:00

O vindeiro Mércores 29 de Maio os nenos e nenas do CRA iremos de excursión a Baiona. Alí visitaremos o Museo do Mar, unha carabela e faremos actividades ó aire libre.

Saída a pescar de Tabagón - Maio 2019

24/05/2019 09:00
24/05/2019 14:00

Os nenos e nenas da escola de Tabagón pasamos unha mañan de pesca no río Miño. Ó remate da merenda, collimos as nosas canas e baixamos ó río andando, e unha vez alí preparamos as nosas canas e puxémonos mans á obra. Pasámolo xenial e incluso nos quedamos ata máis tarde das 14:00 desfrutando do día do río.

Saída a Coruña de primaria - Maio 2019

07/05/2019 09:00
07/05/2019 14:00

O alumnado de primaria do CRA fomos de excursión a Coruña onde pasamos un día xenial. 

O chegar a Coruña fomos ó acuario, onde vimos diferentes tipos de peixes, unha representación do Nautilius e concienciámonos sobre a cantidade de lixo que se verte no mar. Ó sair do acuario fomos ó museo Domus, onde descansamos e xogamos. Para rematar, fomos á Casa das Ciencias e ó planetario.

O rematar as visitas fomos a comer uns xeados e montamos no autobús para voltar a casa. Cando chegamos ó CRA eran as 21:30, e a pesares do cansancio pasámolo xenial!!!

Teatro "A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza" - Abril 2019

30/04/2019 09:00
30/04/2019 14:00

Hoxe o alumnado do noso CRA desprazouse ó auditorio de Tomiño para desfrutar dunha sesión de teatro do conto de "A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza", representada pola compañia de teatro "A xanela do Maxín".

Contacontos Paco Nogueiras - Abril 2019

08/04/2019 09:00
08/04/2019 14:00

O pasado Luns o alumnado do CRA tivo a sorte de contar coa visita do gran Paco Nogueiras, que nos fixo rir e cantar con contos coma "Que becho es ti?", "A ratiña presumida", "Elmer" ou "Un, dous, tres, vampiro ti es..." acompañado do seu acordeón.

Visita á Granxa Kiriko - Marzo 2019

21/03/2019 09:00
21/03/2019 19:00

Os alumnos e alumnas de infantil tiveron a oportunidade de visitar durante todo o día do Xoves as instalacións da Granxa Kiriko. Alí, o alumnado puido interactuar cos diferentes animais da granxa, pasear polos seus montes e tamén facer obradoiros e xogos no que o pasaron xenial.

Aínda que foi un día longo, xa que saímos do CRA ás 08:45 e chegamos ás 19:00, o alumnado desfrutou e aprendeu moitísimo sobre os animais e o noso entorno.

Visita Radio Tui - Febreiro 2019

25/02/2019 09:00
25/02/2019 14:00

O pasado Luns todas as aulas do CRA visitamos o estudo de Radio Tui onde poidemos presenciar un programa en directo, gravar as nosas propias cuñas e mandar un saúdo para as nosas familias. Ó remate da visita, fomos andando a un parque onde merendamos e xogamos ata que nos veu buscar o autobús para levarnos de volta a casa.

Distribuir contido


by Dr. Radut