Skip to Content

Eventos

Select event type to filter by
Mércores Outubro 10, 2018
Comezo:10/10/2018 09:00
Final:10/10/2018 14:00

O Mércores 10 de Outubro os nenos e nenas do Couso tiveron a oportunidade de pasar o día na biblioteca. 

Nesta visita, ademais de gozar e desfrutar cos libros da biblioteca, os nenos e nenas aproveitaron o bo día que facía para saír e recoller follas das árbores, que despois aproveitaron para facer diferentes actividades relacionadas co outono.

Martes Outubro 23, 2018
Comezo:23/10/2018 09:00
Final:23/10/2018 17:00

Os nenos e nenas de primaria do CRA fomos de excursión a Vigo para visitar o museo do mar e a Fundación Sales.

Pola mañan fomos ó museo, onde merendamos no xardín e fixemos algunhas actividades de reciclaxe, observamos peixes e fomos a unha exposición de animais mortos disecados. ó rematar fomos comer á praia de Samil e pola tarde fomos á Fundación Sales, onde os monitores e monitoras nos explicaron moitísimas cousas sobre as prantas e as árbores.

Ó rematar volvimos para casa moi cansos pero moi ledos, xa que pasamos un día xenial!!!

Mércores Outubro 24, 2018
Comezo:24/10/2018 10:00
Final:24/10/2018 13:00

O vindeiro Mércores 24 de Outubro os alumnos e alumnas do CRA visitarán a biblioteca municipal onde gozarán coas historias da contacontos Ana Lisistrata. Debido a que na biblioteca a que non collen todos os alumnos e alumnas do colexio irán en dúas roldas: ás 10:00 irán os colexios de Tabagón,  Pías Couso G, e ás 11:30 irán os colexios de Fornelos, Novás e Couso H.

Chegou o día e pasámolo moi ben!! Un autobús foi recollendo os nenos e nenas polas escolas para levalos á biblioteca municipal, menos na escola de Couso que foron andando. Unha vez alí, no primer turno entramos dentro da biblioteca a escoitar os contos, mentres que no segundo turno aproveitaron que facía un dia moi bo e escoitaron os contos ó aire libre.

Xoves Outubro 25, 2018
Comezo:25/10/2018 09:00
Final:25/10/2018 14:00

Hoxe as escolas de Tabagón, Couso e Novás foron visitar un muíño na zona de Couso. Quedamos todos os nenos e nenas na escola de Couso e fomos andando ata a zona na que estaba o muíño.

Como o muíño era pequeno fixemos pequenos grupos e mentres un entraba os outros aprendíamos diferentes cousas sobre as árbores que nos rodeaban. Demoslle a cada grupo unha folla de unha das árbores que alí había e eles tiñan que buscar onde se atopaba esa árbore. Os nenos e nenas pasarono xenial e todos conseguiron atopar todas as árbores que lles plantexaron.

Mentres, o grupo que entraba no muíño aprendía como se fai a fariña de millo, viron como se moia e poideron tocar a fariña que se iba facendo. Ademais baixamos a zona de abaixo por onde caía a auga e facía xirar a roda.

 

Martes Outubro 30, 2018
Comezo:30/10/2018 09:00
Final:30/10/2018 14:00

O Martes 30 de Outubro ó colexio de Pías tocoulle visitar a biblioteca.

Aproveitando que o día seguinte era samaín decoramos cabazas, contamos algún conto de medo e incluso fixemos a nosa propia historia coa axuda dun libro de sombras.

Mércores Outubro 31, 2018
Comezo:31/10/2018 09:00
Final:31/10/2018 14:00

O pasado Mércores 31 de Outubro as diferentes escolas do CRA celebraron o día de Samaín. Houbo talleres de maquillaxe, de cociña, exposición de cabazas, nenos e nenas disfrazados para asustar ós seus mestres e mestras... Foi unha mañán diferente na que todo o mundo o pasou de medo!!!

Venres Novembro 09, 2018
Comezo:09/11/2018 09:00
Final:09/11/2018 12:00

Hoxe, na escola de Pías, tivemos unha clase diferente... convertémonos en panadeiros e panadeiras!!! Fixemos a masa con todos os ingredientes que trouxo a mestra e ademais engadimos as pipas que lle quitamos ás cabazas de Samaín ó decoralas. Amasamos a masa para facer boliños pequenos e despois con moita paciencia esperamos a que se coceran no forno  e quedáronnos uns boliños riquísimos!!

Distribuir contido


by Dr. Radut