Comezamos un novo curso e fomos dar un paseo ao noso horto para ver as árbores e para coller mazás e... atopamos a muda dunha cobra rateira (bastarda).
Foi unha sorpresa!
Logo, na clase, medimos a pel, miramos as escamas no microscopio e investigamos para averiguar que tipo de cobra era.
17DEMAIO#DÍADASLETRASGALEGAS... e dende as diferentes aulas do CRA conmemoramos esta data tan especial, dedicada este ano a "XELA ARIAS", a través de diferentes actividades como:
Repaso da súa vida e obra.
Decoración de mandalas e marcapáxinas con diferentes técnicas e de maneira orixinal
E para festexalo, ao longo destas últimas semanas, o alumnado do CRA, a través das súas palabras, estiveron elaborando uns marcapáxinas moi especiais, personalizados e...interactivos!!!
Tedes polos establecementos comerciais do Rosal moitos deles, consegue un e descobre a través do seu código QR o que nos teñen que contar os peque@s!!!
24DEFEBREIRO#DÍADEROSALÍA... e dende o CRA queremos ofrecerlle unha pequena HOMENAXE... (preme na imaxe para o seu visionado). O fixemos con moita ilusión e gozo!!
Dende o CRA, e grazas ao traballo realizado pola mestra de Educación física "Cristina" e por todo o alumnado, queremos iniciar este novo ano recordando os vídeos que despediron o 2020 en cada unha das aulas. A pesar da distancia e a imposibilidade de xuntarnos co resto de aulas e nen@s, tivemos un contacto especial e diferente!! Non vos perdades o contido destes dous vídeos...
Dende o CRA Mº Zambrano traballamos o "25N- día contra a violencia de xénero" a través das propostas e da colaboración co concello a través do visionado da película e do libro titulado "O DRAGÓN ZOG".
Tamén, tamén quixemos traballar decorando as nosas mans que simbolizan o "STOP Á VIOLENCIA", todos nos unimos contra ela!!