Skip to Content

Fornelos

Xornada na biblioteca de Marzán

O pasado 10 de abril pasamos toda a mañá na biblioteca de Marzán cun conto e unhas propostas sobre o universo moi divertidas que nos propuxo o equipo de biblioteca do CRA.

Logo xogamos fóra cos nenos e nenas de Marzán.

Ao final, cada neno/a colleu dous libros para ler na casa.

Investigación sobre as nosas árbores

Ademais de coidar as nosas árbores estamos a investigar e aprender cousas sobre elas.

E coa terra que sacaron dos buratos collimos algunhas mostras para facer experimentos e saber como é a terra do noso patio.

Pizza para os cumples de marzo

Venres, 29 de marzo de 2024

Hoxe fixemos dúas pizzas cos ingredientes que escollimos entre todos e todas.

Estaban riquísimas!

Puxemos as velas nas pizzas e celebramos os cumples de Aldán e Lucas Rodríguez.

Parabéns!

 

 

Excursión polo río

Mércores, 20 de marzo de 2024

Hoxe tivemos a visita dos nenos e nenas de Primaria de Novás e aproveitamos a bo día que facía para poder facer unha ruta polo río Tamuxe.

Foi un día estupendo e puidemos merendar e xogar na Pesqueira.

As cabuxas da Comunidade de Montes

Marzo de 2024

O mes pasado tivemos unha bonita xornada en San Xián coas familias que nos acompañaron a visitar as cabuxas da comunide de montes de Santa Mariña do Rosal.

Soltan as cabras polo monte para mantelo limpo e previr incendios e quedan na corte as crías recén nacidas ata que pola noite volven as súas nais para darlle de mamar.

Nos fomos paseando ata a corte e por turnos fomos entrando para ver as cabuxas e acaricialas.

Despois fomos merendar a antiga escola de San Xian onde xogamos e descansamos.

Levamos como guía ao mestre Manolo.

 

 

 

 

 

Plantamos un bosque na Escola de Fornelos

27 de febreiro de 2024

 

Na Escola de Fornelos quixemos plantar un bosque para ter un patio diferente, máis acolledor, con árbores que nos protexan, que drenen a lagoa que se forma cando chove moito e que se poda convertir nun ecosistema cheo de vida.

Queremos agradecer á estación Fitosanitaria Areeiro que nos donara as 19 árbores a través da Deputación de Pontevedra, ao Concello que nos fixera os buratos no patio e que nos trouxera terra negra para poder plantar e sobre todo, ás familias que viñeron plantar as árbores cos nenos e nenas nunha tarde soleada e bonita.

Moitas grazas!

Aquí vos deixamos o vídeo resumo da actividade e máis abaixo, algunhas imaxes da árbore que plantamos ao día seguinte cos nenos e nenas que non puideron vir coas súas familias o martes 27.

   
   

Entroido das Escolas de Fornelos 2024

Este curso decidimos ir disfrazados/as de astronautas xa que o tema central do CRA é o universo.

Fixemos todo o disfraz nós na clase con cousas de reciclaxe: papel, briks...

Logo, como de costume, fomos en tractores ata Novás onde o CRA celebra cada ano o Entroido.

Foi moi divertido!

Tarta de laranxa para os cumples de xaneiro e febreiro

7 de febreiro de 2024

Hoxe fixemos unha tarta de laranzas do noso horto para celebrar os cumples de Max, Andrew e Unai.

Fomos a coller as laranxas pero empezou a chover e tivemos que saír correndo.

Logo fomos á aula de infantil para celebrar o Entroido na aula.

 

Agasallos dos Reis Magos

8 de xaneiro de 2024

Hoxe volvimos das vacacións e atopamos uns regaliños na clase de primaria.

Eran uns prismáticos e unhas brúxulas!

Así podemos usar todo nas nosas saídas para ver a natureza.

 

Festa de Nadal en Fornelos

21 de decembro de 2023

Chegamos á Festa de Nadal!

Hoxe fixemos o noso tradicional amigo invisible.

Cada neno e nena das Escolas de Fornelos fixo un agasallo coas súas mans na casa e logo regaloulle a outro neno e nena da escola pero sen dicir quen o fixo.

Así é un agasallo sorpresa dun amigo/a invisible.

Logo fixemos a merenda con cousiñas ricas que trouxeron as familias.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut