24DEFEBREIRO#DÍADEROSALÍA... e dende o CRA queremos ofrecerlle unha pequena HOMENAXE... (preme na imaxe para o seu visionado). O fixemos con moita ilusión e gozo!!
Dende o CRA, e grazas ao traballo realizado pola mestra de Educación física "Cristina" e por todo o alumnado, queremos iniciar este novo ano recordando os vídeos que despediron o 2020 en cada unha das aulas. A pesar da distancia e a imposibilidade de xuntarnos co resto de aulas e nen@s, tivemos un contacto especial e diferente!! Non vos perdades o contido destes dous vídeos...
Dende o CRA Mº Zambrano traballamos o "25N- día contra a violencia de xénero" a través das propostas e da colaboración co concello a través do visionado da película e do libro titulado "O DRAGÓN ZOG".
Tamén, tamén quixemos traballar decorando as nosas mans que simbolizan o "STOP Á VIOLENCIA", todos nos unimos contra ela!!
Como xa feremos ao longo deste curso; as propostas e ideas para celebrar diferentes festas e conmemoracións, levaranse a cabo nas nosas propias aulas e cos grupos de traballo establecidos na mesma :)
Así, algunhas das ideas de traballo para o SAMAÍN son:
BENVIDOS A TODOS E A TODAS!!! XA ESTAMOS DE VOLTA NAS NOSAS AULAS!!! ESTA "NOVA NORMALIDADE" NON IMPEDIRÁ QUE SIGAMOS PROPONDO E FACEMOS MULTITUDE DE ACTIVIDADES, MANUALIDADES, CELEBREMOS FESTIVIDADES OU CONMEMORACIÓNS!!!...
PERO...SEMPRE CUMPRINDO COAS MEDIDAS SANITARIAS E DE SEGURIDADE!!!
O alumnado da Escola de Tabagón, xa está na semana número 12, e ao longo da mesma traballaron en diferentes propostas que vos mostramos a continuación...
LUNS, celebramos o "Día dos océanos"; facemos peixes, arcoiris e acuarios.
MARTES,este día o dedicamos a tarefas de Inglés.
MÉRCORES, creamos debuxos con follas e fixemos limonada.
XOVES, dedicamos o día a face composicións monocromáticas.
O alumnado da Escola de Tabagón, xa está na semana número 11, e ao longo da mesma traballaron en diferentes propostas dedicadas a "semana do medio ambiente", e aquí as tedes...
LUNS, xogamos con diferentes papeis e analizamos e fotografiamos obras de arte.
MARTES,este día o dedicamos a tarefas de Inglés, a mostrar ao resto de compañeiros/as as froitas que mais nos gustan e xogamos ao pasapalabra
MÉRCORES, sacamos fotos as mascotas que coidamos e a diferentes tipos de animais da nosa contorna.
Xa damos por finalizada a décima semana dedicada, e ao longo da mesma se propuxeron unha serie de actividades (sombras, xogamos cos números, fotografías artísticas...) Mirade as fotos tan orixinais e divertidas coas que nos atopamos
O alumnado da Escola de Tabagón, ao longo desta novena semana traballou na proposta de adiviñas colgada na web e, ademais, outras propostas como o conto da eiruga moi larpeira e...
LUNS, fixeron unha araña e eiruga para o soplado
MARTES, o dedicamos a medir e debuxar as mans, e traballamos as froitas das eirugas en inglés
MÉRCORES, debuxamos e desciframos a adiviña do iglú e eirugas de pedra.
XOVES, descubrimos que a adiviña era o grato e fixemos macedonia de froitas.
Tamén foi o día internacional de andar descalzo e xogamos cos pes; medimos, comparamos o número de zapato e fixemos cosquillas...