Skip to Content

O CRA en común

Celebración do samaín!

Coma sempre o Samaín é unha celebración de moitas pócemas, morcegos, cabazas, vampiros e sobre todo.... moita diversión!

Aquí tedes un resumo da celebración nas distintas escolas do CRA.

Unha aperta terrorífica para todos!!!!.

Organización do Magosto: Mércores 22 de Novembro

Queridas familias:


Finalmente o vindeiro Mércores 22 de Novembro imos celebrar “O magosto” na escola de Fornelos (en caso de choiva se anunciaría unha nova data). Para iso precisamos da vosa axuda e colaboración, aportando:
• Carozos, piorno, piñas... (O podedes ir levando durante toda a semana as vosas aulas).
• Castañas xa picadas. (Mellor uns días antes do magosto)
• A merenda, con alimentos e comidas típicas do outono (a ser posible xa cortados). (O Claustro de Mestres aportará chourizos e pan).

E tamén precisamos de voluntarios para facer a fogueira e asar as castañas. (As persoas dispostas que llo comuniquen as titoras).

Como en anos anteriores distribuímos os materiais para a fogueira e os alimentos por escolas:
• Escola de FornelosBebidas e Carozos
• Escolas de Novás, Paradela e MarzánAlimentos Salgados e Carozos
• Escola de Pías → Alimentos Doces e Piñas e Piorno

A hora de entrada será a partir das 09:00h na escola de Fornelos.


As familias poderán asistir e participar desta festa a partir das 12:30h.
Entre ás 13:30 e as 14:00h, as familias poderán recoller aos seus fillos e fillas previo aviso as titoras.

Podedes descargar este documento facendo click aquí

Dende o CRA vos invitamos a que colaboredes e participedes.
Un saúdo e moitas grazas.
O Equipo de actividades extraescolares e complementarias.

Visita ao Calvario do alumnado de Primaria

O pasado martes, 3 de outubro, todo o alumnado visitamos varias instalacións do Calvario do Rosal.

Primeiro o alumnado xogou moito no ecoparque que está ao lado do aparcadoiro.

Despois camiñamos ata o concello e entramos na biblioteca municipal onde gozamos co espectáculo "E a ti... que che contaban, de Vero Rilo".

Ao rematar, tivemos unha visita guiada ao museo cabaqueiro e fixeron xogos de balonmán no pavillón municipal con varios xogadores do Novás.

Foi unha mañá moi completa e o pasamos moi ben!

Revista Escolar Dixital do Bufo Fich: Diario Pirata

21/06/2023 09:00

Dende o EDLG presentamos a edición décimo cuarta da revista escolar do Bufo Fich "Diario Pirata"

Calendario do bufo Fich 2023

22/01/2023 11:43

Presentamos o calendario do Bufo Fich do ano 2023

O centro de interese este curso escolar é o mar!

Velaquí o resultado! Espero que vos guste!

Excursión ao Museo do Mar de Vigo

O pasado 11 de maio, o alumnado de Primaria foi ao Museo do Mar de Vigo pero antes merendamos na praia e antes puidemos mollar os pes na auga.

Día das letras galegas 2023

O 16 de maio celebramos o Día das Letras Galegas na Escola de Marzán.

Día das Letras Galegas- Maio 2021

28/06/2021 16:32
29/06/2021 23:59

 

17DEMAIO#DÍADASLETRASGALEGAS... e dende as diferentes aulas do CRA conmemoramos esta data tan especial, dedicada este ano a "XELA ARIAS", a través de diferentes actividades como:

  • Repaso da súa vida e obra.
  • Decoración de mandalas e marcapáxinas con diferentes técnicas e de maneira orixinal
  • Murais repaso da conmemoración
  • Xogo interactivo "Genially" (preme aquí e accede ao mesmo)

 

       ESPERAMOS QUE VOS GUSTE AS FOTIÑOS!!!

Día do Libro- Abril 2021

23/04/2021 17:46
24/04/2021 23:59

       #ETIQUELES?     FELIZ DÍA DO LIBRO!!!Risa

E para festexalo, ao longo destas últimas semanas, o alumnado do CRA, a través das súas palabras, estiveron elaborando uns marcapáxinas moi especiais, personalizados e...interactivos!!! 

Tedes polos establecementos comerciais do Rosal moitos deles, consegue un e descobre a través do seu código QR o que nos teñen que contar os peque@s!!!

 

Día de Rosalía de Castro- Febreiro 2021

24/02/2021 15:49
24/02/2021 23:59

 

24DEFEBREIRO#DÍADEROSALÍA... e dende o CRA queremos ofrecerlle unha pequena HOMENAXE... (preme na imaxe para o seu visionado). O fixemos con moita ilusión e gozo!!

 

       ESPERAMOS QUE VOS GUSTE!!!

                                 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut