Viaxando polo concello 2021-22

Rosalía de Castro en Dodro

No CRA unimos o Día de Rosalía co noso proxecto "Viaxando con Lecra polo Concello de Dodro", xa que investigamos cales foron os lugares máis significativos para Rosalía no noso Concello, tanto a nivel persoal como profesional.

Así de ben o ilustraron os nosos peques!

 

Día Mundial do Medio Ambiente

O 5 de Xuño conmemórase o Día Mundial do Medio Ambiente, e para celebralo tivemos a oportunidade de colaborar coa Comunidade de Montes da Cruz do Avelán, coa creación destes carteis nos que os nosos peques demostran o concienciados que están co coidado da natureza.

Viaxando por Dodro co SuperDoc

Dentro do Plan Proxecta "Viaxando con Lecra polo Concello de Dodro", os nenos e nenas do CRA xogaron co SuperDoc para coñecer sitios importantes do noso Concello. Así entrenamos o razoamento lóxico, a intelixencia espacial e o conteo.

Como nos divertimos!!

Dodrograma

No CRA estivemos aprendendo cousiñas sobre Dodro facendo pasatempos, concretamente o Dodrograma. Seguimos coñecendo lugares significativos do noso Concello xogando de diferentes maneiras: poñendo os nomes das fotos correpondentes ou viceversa. Esta actividade forma parte do noso Plan Proxecta "Viaxando con Lecra polo Concello de Dodro".

Os peques pasárono xenial conectando palabras!

The Gingerbread Man in Dodro

Como parte do Plan Proxecta deste ano, "Viaxando con Lecra polo Concello de Dodro", os nenos e nenas do CRA fixeron unha adaptación dun conto clásico anglosaxón. Co título "The Gingerbread Man in Dodro", o conto está ilustrado e narrado en lingua inglesa por eles mesmos.

Esperamos que vos guste moito!!

Día Mundial da Saúde

Con motivo do Día Mundial da Saúde, esta semana os nenos e nenas do CRA saíron a camiñar polos arredores das escolas, recordando a importancia de manter uns hábitos de vida saudables: descansar ben, comer san e facer exercicio. Ademais, deste xeito aproveitamos para coñecer todos a contorna dos nosos coles e apreciar o que temos máis cerca: os parques, os camiños, os bosques, os hórreos,... Que ben o pasamos!!!

Tamén vimos nos mapas o camiño que faciamos e anotamos a distancia e o tempo que camiñamos. As nenas e nenos levan un caderno para as casas, por se alguén quere facer coa familia algún outro paseo e anotalo no seu caderno.

Agardamos que o desfrutedes moito!!

Día da Muller

No CRA unímonos á celebración do Día do Muller, destacando a todas as mulleres de Dodro, sobre todo aquelas que son importantes para os nosos peques. Grazas pola vosa colaboración!!

E ademais, aquí vos deixamos unha mostra dos murais que fixeron as cativas e cativos.

Tamén queremos agradecer de xeito especial ao CIM Terras de Iria o agasallo que nos fixeron para cada un dos peques e para cada escola do CRA: o libro "Os Bolechas visitan o CIM Terras de Iria". Grazas por contar con nós!

Para finalizar desexamos compartir con vós esta canción titulada "Sororidade" na que participan mulleres de Dodro, Padrón e Rois, co que o Centro de Información á Muller Terras de Iria, conmemora o Día da Muller 2022.

 

O noso Entroido en Dodro

 Qué importante é coñecer o noso contorno, sobre todo o máis próximo. En Dodro temos a sorte de contar con numerosos lugares, espazos naturais e construcións que teñen unha grande riqueza estética e cultural. Desde o CRA, coa colaboración dos nosos peques e das familias, queremos compartir estas xoias do noso Concello para que desfrutedes tamén do noso patrimonio.

Agardamos que vos guste!

Distribuir contido

FAMILIAS E ALUMNADO

FOGGA 2023-24

PFPP 2022-23

DIRECCIÓN

Iniciar sesión

PLAMBE 2022-23

 

PROXECTA 2023-24

 

EDLG

CMVMC CRUZ DO AVELÁN

BLOG CRA 2014-21